EMPEZANDO!!

Empezando!!

Aquí estou, comezando unha nova asigntura e enfrentándome a un novo reto, o de familiarizarme con esta rede e o seu funcionamento.

Como mestra de educación infantil que son, a formación continua pareceme moi importante, por iso estou cursando psicopedagoxía. Como todos sabemos, combinar traballo e estudos non resulta nada doado, e  require moita dedicación esforzo pola miña parte. Non obstante, espero poder aproveitar ao máximo esta experiencia e aprender  todo o posible para ser unha mellor profesional.

Pareceme moi interesante  esta ferramenta e a idea do portafolios. Aínda que para min resulta algo novidoso creo que é un mundo cheo de posibilidades, e espero pouco a pouco ir familiarizándome con todo isto e poder quitarle o máximo partido. Creo que con ela todos iremos enriquecendo os nosos coñecementos a partir da lectura, reflexión, debate e sobre todo da interacción cos nosos compañeiros.