ASESORAMENTO, IDEAS PREVIAS

Asesoramento, asesorar, asesor,...son palabras que todos empregamos, pero moi poucas veces nos cuestionamos o seu verdadeiro significado e somos moi pouco conscientes de todo o que implican, de todas as dimensións que comprenden.

Facendo unha análise persoal daquelas tarefas ou experiencias previas nas que se ten abordado o tema do asesoramento, mencionarei a asigantura de Orientación profesional, xa que nela se tratara o tema das diferencias entre orientación e asesoramento. En moitas outras asignaturas tamén se fala da importancia do asesoramento aos alumnos, ás familias, pero quizais non se fai unha reflexión sobre o significado deste termo.

Por outra parte, como mestra, o asesoramento atópase presente no meu día a día. Algunhas veces sendo consciente e outras non. Forma parte da labor dun mestre asesorar ás familias, ós compañeiros, ao alumnado,…

Se teño que dar unha definición inicial de asesoramento, probablemente o relacionaría con palabras como apoiar, axudar, guiar. Non obstante, como xa dixen,  o termo asesoramento resulta moi complexo, e espero poder ir definíndoo con maior claridade a medida que avanza a miña aventura nesta asignatura de Asesoramento curricular a centros e profesores.