Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

Reflexións grupais sobre o asesoramento

Logo de revisar as achegas sobre o asesoramento das diferentes materias do pasado curso, para pasar a continuación a poñer en común as nosas ideas sobre este concepto e as pescudas que fixemos para ver se as nosas ideas se correspondían coa realidade, coido que podo extraer xa varios contidos interesantes en relación a todo isto que acabo de comentar.

Para comezar, á hora de falar de asesoramento, a todos os alumnos se nos ocorren multitude de exemplos de escenarios, ámbitos ou situacións onde atopamos tarefas de asesoramento. Destacarei algúns dos exemplos que máis se repetiron e outros que a min me chamaron a atención: asesor administrativo, penitenciario, xurídico, financeiro, médico, publicitario, etc.

Logo de propoñer os escenarios podemos pensar en qué características comúns e qué diferenzas pode haber entre estes diferentes exemplos de asesoramento que propuxemos. A todos nos pareceu bastante evidente que en tódolos casos é fundamental que o asesor posúa unha formación específica do campo no que está especializado, é dicir que dispoña dunha bagaxe e dunhas competencias no contexto en que se está a asesorar, pois é imposible asesorar daquilo que non se coñece; ademais da importancia de ser competente en outros aspectos coma as relacións persoais para que a función asesora sexa óptima.

Todo isto lévanos a reflexionar sobre a existencia da profesión de asesor, e aquí si que puidemos ver algunhas opinións máis ou menos enfrontadas, aínda que ó final logrouse un consenso recoñecendo que si que se trata dunha profesión consolidada en moitos campos onde conta ademais cun prestixio bastante evidente, e que noutros campos refírese máis ben a certos roles que matizan unha profesión e que lle conceden outros aspectos. Tamén quedou claro que a profesión do asesor está dentro dos servizos de apoio e axuda, que é oculta e que é fundamental o liderazgo para exercer influenza (isto non debe confundirse co autoritarismo, xa que no liderazgo non supón que o asesor esté un nivel por riba dos demáis, senón que se está ó mesmo nivel) e, como xa dixemos antes, posuír unha formación específica.   

Outro dos aspectos comentados foi o das funcións do asesor. Aquí existía unha gran variedade de respostas, aínda que tamén puidemos atopar algúns puntos en común que son os que detallarei a continuación. En primeiro lugar o asesor debe ter en conta o contexto e non empregar unicamente o modelo de consulta. Tamén parece evidente que as funcións do asesor van a variar dependendo do ámbito de traballo deste (nos exemplos citados ó comezo, as funcións dun asesor financieiro non son as mesmas que as dun asesor educativo). Iso si, a función principal do asesor é a de axudar e apoiar, mesmo a de acompañar (que non é o mesmo que seguir, posto que esta última indica que se fai dende fóra). O asesor non é un terapeuta, aínda que pode curar feridas, por exemplo prestando apoio psicolóxico, que non ten porqué ter un enfoque clínico ou remedial, senón que pode ser preventivo, que é o que máis nos interesa.

Posteriormente reflexionamos sobre qué entendemos por asesorar, as ideas máis destacadas son as que se recollen deseguido.

 Os dous piares do asesoramento son o apoio e a axuda.

Un asesor que espera que se lle plantexe un problema para resolvelo (modelo clínico, reactivo), é algo que pasa, pero isto non impide que o asesor busque situacións de mellora sen que se lle plantexen os problemas, posto que se anticipa a eles para melloralos (de forma proactiva).

A toma de decisións é das persoas asesoradas, e ista é unha das cuestións básicas na diferenza entre asesoramento e orientación.

Unha das tarefas do asesor é o empoderamento. Non se trata de intervir sobre, senón intervir con, isto favorece a autonomía da persoa. O diálogo é a gran estratexia do asesor, quen debe penetrar no problema. Trátase dunha construción colaborativa.

Acordamos empregar a perspectiva do asesoramento como algo indirecto, inda que poida ser directo. O asesoramento é máis horizontal e suxerinte, mentres que a orientación é máis intervencionista.

Como podemos ver, achegáronse importantes aspectos sobre o asesoramento, dos que me gustaría destacar uns cantos a modo de resumo:

  • Está presente en diferentes escenarios, ámbitos ou situacións.
  • Require unha formación específica.
  • En certos campos é unha profesión e noutros máis ben trátase duns roles que matizan a profesión e dótana duns aspectos diferentes.
  • Fundamentais o liderazgo e a horizontalidade.
  • Os dous piares básicos son o apoio e a axuda.
  • Debe ser proactivo, colaborativo e favorecer o empoderamento do suxeito co fin de aumentar a súa autonomía.

Outra cuestión que xurdiu na clase e que me fixo cavilar é a de que os escenarios de asesoramento propostos a modo de exemplo eran todos clásicos, pero tamén podemos atopalos na rede. Tras darlle varias voltas a esta cuestión entendo que o que se pretende dicir aquí é que na propia rede temos unha construción virtual e paralela da nosa propia realidade, que nos permite expandir o noso mundo e enriquecelo, posto que podemos atopar calquera ámbito do mundo real na rede, podemos atoparnos con múltiples cuestións pero sobre todo a rede permítenos acceder a unha cantidade case infinita de coñecemento e saberes que nos axudan a resolver estas dúbidas, co cal estaríamos aumentando a nosa autonomía, a rede serviríanos de guía, de axuda, de apoio, polo tanto ¿Non cómpre a rede unha función asesora? ¿É a rede o maior asesor que existe?

Finalmente gustaríame dicir que logo desta reflexión grupal sobre o asesoramento, podo dicir que moitos dos interrogantes iniciais que tiña sobre qué supoñía o asesoramento vanse despexando, ademais tamén se van achegando pequenas notas que nos poden axudar a diferenciar de certo modo orientación e asesoramento, xa que esta é unha das dúbidas ou inquedanzas que parecemos compatir todos os alumnos.  Tamén creo que logo da análise dos diferentes modelos de orientación e asesoramento seguiremos resolvendo moitas das dúbidas que todavía quedan pendentes.