Proactividade

Por EU Comentarios (2)

                               Proactividade

Proactividade é unha actitude na que o suxeito ou organización asume o pleno control da súa conduta de modo activo, o que implica a toma de iniciativa no desenvolvemento de accións creativas e audaces para xerar melloras, facendo prevalecer a liberdade de elección sobre as circunstancias do contexto. A proactividade non significa só tomar a iniciativa, senón asumir a responsabilidade de facer que as cousas sucedan; decidir en cada momento o que queremos facer e como o imos facer.

Non obstante, tanto a palabra proactividade coma a palabra proactivo, non están aceptadas pola Real Academia Española, segundo a vixésima segunda edición do dicionario da lingua española.En castelán pódense utilizar, por exemplo, termos como iniciativa ou persoa con iniciativa.

Diferenzas entre persoas reactivas e proactivas

As persoas reactivas

Vense afectadas polas circunstancias, as condicións, o ambiente social... Só se senten ben se o seu ámbito está ben. Centran os seus esforzos no círculo de preocupación: nos defectos doutras persoas, nos problemas do medio e en circunstancias sobre as que non teñen ningún control. Non teñen a liberdade de elixir as súas p  ropias accións.

As persoas proactivas

Móvense por valores coidadosamente meditados e seleccionados: poden pasar moitas cousas ao seu arredor pero son donas de como queren reaccionar ante eses estímulos. Centran os seus esforzos no círculo de influencia: dedícanse a aquelas cousas con respecto ás cales poden facer algo. A súa enerxía é positiva, co cal amplían o seu círculo de influencia.

Comentarios

  • Enalia Álvarez Iglesias

    Hadri, en serio non me podo crer que a palabra PROACTIVIDADE non esté recollida no Diccionario da Real Academia, debería de ler esto Andrés, esa é a súa palabra fetiche deste ano... de tódolos xeitos, paréceme incrible que unha palabra que se está a usar con tanta frecuencia, no eido educativo e cada vez máis en outros ámbitos, non se vexa reflexada nun documento como o mencionado. O mellor teremos que esperar ata a próxima edición para atopala.

    Unha entrada curiosa,

    Un saudiño!

  • Mónica Rial Enjo

    Hola compañeiro....

    Estuve curioseando entre tus aportaciones en la red, y al ver esta y leerla me surge una idea que me apetece compartir contigo.

    Me parece super interesante la aclaración de la diferencia entre ambos términos, ya que no es un aspecto trivial de la personalidad, sino todo lo contrario. Como todas aquellas formas de entender y filtrar la realidad que nos rodea, poseer un estilo u otro de personalidad acarrea consecuencias que marcan no solo la manera de proceder, sino la manera de sentir y pensar. Al reflexionar sobre este discurso me vienen un montón de aspectos vinculados, como son las consecuencias de esta manera de procesar la información, la existencia de un tipo u otro de locus de control (externo o interno), las atribuciones realizadas a esa realidad percibida (éxito/fracaso), los sentimiento de competencia generados en base a uno mismo,... pero sobre todo me viene a la cabeza el optimismo de saber que como todo en esta vida, este tipo de rasgo de personalidad se puede educar, si somos conscientes de su existencia y de la gran influencia que ejerce sobre el individuo, seremos capaces de darle la importancia que tiene, y como promotores y agentes de cambio ayudar a aquellos que comparten nuestro espacio de trabajo a mejorar y a tratar de analizar las vivencias de una forma más saludable, que revertirá en beneficios para toda la organización en su conjunto en la que nos encontremos. Se trata pues, de llevar ese conocimiento a la práctica de nuestra labor profesional.

    Un saludo, y hasta la próxima.