Tipos de asesoramento

Reanudo a actividade normal despois de estar en Barcelona polo máster EAED que vos comentei, "puxenme as pilas" cos compañeiros preguntando sobre como foras as sesións.

Buscando información sobre os diferentes tipos de asesoramento, atopeime que no libro de Zabalza "Apoyo a la escuela: Un proceso de colaboración", este diferencia entre 3 tipos de asesoramento:

 

a) Segundo os destinatarios


a.1) Asesoramento a suxeitos considerados individualmente. Trátase dun asesoramento, ás veces, necesario, pero no que non podemos quedar, ao ter poucas posibilidades de influír no cambio institucional.
a.2) Asesoramento a procesos concretos que se realizan no centro ou en a aula, como pode ser por exemplo, o que se presta para a elaboración do Proxecto Curricular de Centro.
a.3) Asesoramento a funcións sectoriais dos centros como por exemplo pode ser o proceso de orientación a seguir nestes.
a.4) Asesoramento ao centro no seu conxunto, ao desenvolvemento e mellora da institución máis que a partes específicas desta. Aínda que non resulta doado, é o asesoramento máis desexable, posto que canto máis amplo é o ámbito ao que se proxecta, máis afecta á estrutura institucional e maior posibilidade de que se produza o cambio na institución.

b) Segundo a natureza da demanda de asesoramento


b.1) Cando non existe demanda e o asesoramento que se realiza, que adoita levarse a cabo por axentes externos, responde máis á norma ou á prescrición que ás necesidades. Adoita ser un asesoramento de tipo
burocrático.
b.2) Cando a demanda é forzada pola presión directa ou indirecta de alguén con capacidade para exercela (a dirección, por exemplo). Pode chegar a abrir o camiño cara a novas posibilidades menos forzadas, pero por o xeral o asesoramento tamén se burocratiza ou acaba perdendo a enerxía e potencial de cambio.
b.3) Cando a demanda é formal e se realiza polos órganos competentes da institución. Aínda que ás veces se trata dun compromiso formal que se asume, máis que dunha necesidade sentida, o asesoramento se percibe como pertinente polo conxunto da institución, o cal xa é importante. Non obstante, tamén resulta doada a aparición de problemas de protagonismo ou de consenso.
b.4) Cando a demanda é sentida e xorde polo desexo de afrontar un problema ou de mellorar a forma en que se están a levar a cabo as cousas. O potencial de cambio é maior e a necesidade de asesoramento adoita estar acompañada polo desexo de asumir un verdadeiro compromiso, así os seus efectos calan máis na institución e en todos aqueles que se ven envolvidos no proceso.

c) Segundo a quen se solicita o asesoramento

c.1) Asesoramento solicitado a técnicos especialistas, modalidade moi habitual que consiste en buscar alguén que "saiba" para que nos resolva os problemas que se nos presentan. Aínda que depende de certas circunstancias, entre elas o papel do especialista, adoita ser unha modalidade de asesoramento que se caracteriza pola súa descontextualización e por atribuír o problema aos demais.
c.2) Asesoramento solicitado a colegas pertencentes ao propio centro ou a outros. Neste caso o asesoramento adquire unha maior cultura institucional, é máis colaborador e contextualizado, aínda que, como veremos máis adiante, pode chegar a producir problemas de credibilidade.
c.3) Asesoramento solicitado a profesionais con tales funcións como asesores de CEPs, compoñentes de equipos psicopedagóxicos e de apoio, profesores de apoio, etc. Tamén aquí como no caso dos técnicos especialistas córrese o risco de aplicar respostas demasiado xerais e afastadas do propio contexto. Non obstante adoitan ser profesionais que proceden do ámbito da docencia e polo tanto coñecena escola e os seus condicionantes, o cal, á súa vez, tamén pode crear problemas de lexitimidade e credibilidade.


d) Segundo o contido da demanda


d.1) Asesoramento puntual para resolver un problema concreto ou para analizar unha situación específica. O que se busca neste caso son solucións concretas a situacións puntuais.
d.2) Asesoramento informativo sobre determinados aspectos de interese que adoitan adquirir o formato de charlas ou cursos específicos sobre os temas elixidos. O potencial de cambio deste tipo de asesoramento adoita ser escaso.
d.3) Asesoramento no desenvolvemento de procesos, é dicir, nun tipo de actuación que ten certa duración e que se establece a través dun proceso de fases secuenciadas que permite establecer unha estrutura
progresiva.
d.4) Asesoramento na formación e desenvolvemento institucional, con características estruturais similares ao asesoramento no desenvolvemento de procesos, só que o marco de referencia e os destinatarios os encontramos, neste caso, na institución no seu conxunto. Trátase dun asesoramento mais significativo e con maior capacidade de cambio 

e) Segundo o tipo de relación que se establece

e.1) en función do protagonismo que adquire quen presta o asesoramento, este pódese converter en dar, compartir ou dirixir o proceso, aínda que parece claro que canto maior protagonismo adquiran os implicados maior capacidade de incidencia terá o asesoramento.
e.2) Asesoramento como intervención vs. asesoramento como acción. No primeiro caso suponse que alguén de fóra posúe as competencias, os recursos e a lexitimidade para intervir dentro, o que leva consigo unha desigual distribución de posicións entre quen presta o asesoramento e quen o recibe. Pola contra, cando o asesoramento se basea máis na colaboración e concíbese non como algo que se realiza sobre senón con, aparece a idea do asesoramento como acción para o cambio que trata de contrarrestar a mentalidade intervencionista antes salientada. 

 

Tamen me pareceron interesantes os eixes que propón Parrilla (1996), nos que divide o asesoramento en terapéutico, individual/colaborativo, curricular e consulta recursos.

 

 

eixes Parrilla

 

O asesoramento educativo é unha práctica profesional en construción, controvertida, con múltiples posibilidades de desenvolvemento e, en momentos, de cambio e complexidade, na que proceden revisións e re-significacións.