LA MÁQUINA DE LA ESCUELA

image

Aquí subo unha viñeta que me parece moi intersante e creo que nos ten que facer pensar un poquiño sobre o funcionamento actual das escolas, o tratamento que nelas se fai da diversidade, a importancia do asesoramento como motor de cambio...

Penso que, actualmente, a maioría das escolas, non atenden nin aos intereses nin ás capacidades individuais do alumnado. De feito, case todos os mestres empregan un libro de texto e o alumnado fai as mesmas lecturas e o mesmo tipo de actividades. Todos fan o mesmo, ao mesmo tempo e case sempre de maneira individual. Que conseguimos con isto? Pois, o que se reflexa na viñeta.

Considero que o cambio é necesario e, creo que, para iso, o asesoramento é primordial. Ademáis, o principal axente de cambio nos centros educativos debe ser o orientador.