Benvida a esta nova aventura

Ola a todos. Este é o meu primeiro contacto con todos vós, xa que debido a diferentes temas persoais, non me foi posible introducirme neste novo mundo con anterioridade, polo que a miña experiencia nesta forma de traballar é totalmente nova, aínda que xa vexo que outras moitas persoas parten con ventaxa xa que en anos posteriores xa se introduciron no tema. Non obstante, aínda que me está costando empezar espero que vaia collendo soltura na materia, polo que tamén conto ca axuda de todos os meus compañeiros.

Estou apiques de rematar os estudos de psicopedagoxía, o que combino co meu traballo como coordinadora dun PAI, polo que o tempo que me queda libre é moi escaso, aínda así porei todo da miña parte. Esto vén a conto de que no meu traballo día a día vexo que é imprescindible unha formación contínua, que se vén non é aportada pola empresa, son eu quen me decido a formarme constantemente, por iso me embarquei nesta aventura que xa está a rematar.

Así, irei comentando o que considere oportuno e participando nos comentarios dos compeñeiros nesta ferramenta do portafolios.