Luis Miguel Velay Vivel

Despistado por tratar de atender a mil cosas al mismo tiempo, pero currante e interesado en mejorar en todo momento.

Máis que palabras

Para resolver as tarefas que nos foron encomendadas e para o avance das clases, tivemos que consultar en repetidas ocasións información sobre que é o asesoramento e que é a orientación, ademais de revisar os apuntamentos do ano anterior. Logo de que nas clase comezaran a xurdir os primeiros matices sobre as diferenzas existentes entre o asesoramento e a orientación, a pesar de que a profesora dixera que non se trata dunha cuestión que nos deba preocupar en exceso polo momento, decidín cavilar sobre as mesmas.

As diferenza máis importante á que se aludiu na clase foi que o asesoramento é máis horizontal que a orientación, posto que busca traballar coa persoa e non sobre ela.

O feito de apuntar esta  diferenza, que en moitos casos se correspondía ou non coas nosas ideas previas acerca das diferenzas entre orientación e asesoramento, fíxome crer que sería apropiado realizar unha nova busca de información acerca do asesoramento e da orientación, pero non sobre a diferente información escrita, posto que como xa dixen, ese traballo de investigación xa o realizaramos anteriormente, senón sobre qué información nos achegaban acerca dos mesmos as diferentes imaxes que podemos atopar na rede.

O feito de optar por esta opción non foi outro que o de ver se nas mesmas imaxes se poden apreciar matices que nos leven a comprender que realmente existe unha certa distinción entre asesoramento e orientación, ou se ambos termos se aprecian coma sinónimos. Ademais debo dicir que a opción de analizar as imaxes tamén me pareceu interesante porque ditas imaxes seguramente non sexan elaboradas por persoas especialistas no tema, como si ocorre coa información que nós consultamos; polo tanto pode aportarnos unha idea de qué pensan persoas que seguramente non dispoñan dese coñecemento máis técnico.

O que fixen, foi escribir en google imaxes “asesor educativo” e “orientador escolar”, da multitude de imaxes que xurdiron, rexeitei as fotografías (posto que moitas eran de persoas, cursos, charlas, etc.) e centreime só nas imaxes (debuxos, representacións da realidade), posto que nelas parecía máis sinxelo realizar a análise á que me estou referindo.

A continuación presentarei algunhas das imaxes que atopei, referidas ós termos antes indicados, e que considero apropiado incluír, para posteriormente proceder á súa análise. 

ASESOR EDUCATIVO

ORIENTADOR ESCOLAR

           traballo cooperativoTraballo colaborativoAxuda                                                          

         

                  Orientación? Orientador clásicoOrientación?Autoridade

 

Como se pode apreciar, as imaxes mostran unhas claras diferenzas entre ambos termos. Así, podemos ver como o asesor educativo se asocia con esa idea de horizontalidade, de traballo coas persoas, de axuda e sobre todo de traballo colaborativo e en grupo. Mentres que ó orientador escolar correspóndelle unha visión máis directiva, coma un profesional cun estatus superior ó resto das persoas coas que traballa (a outro nivel), marcando a dirección que se debe seguir, é dicir sería unha visión moito máis clínica que no caso do asesoramento.

En definitiva, podemos apreciar que as propias imaxes poden darnos conta da realidade, é dicir, non están valeiras de significado; outra cuestión é se existen intereses en darnos ese determinado significado por parte de quen sube ditas imaxes. Pero iso sería un traballo diferente.O resumo deste traballo considero axeitado realizalo tamén mediante imaxes, así as ideas extraídas sobre asesoramento e orientación estaría fundamentalmente na horizontalidade e en outros aspectos que foron apuntados anteriormente.

Asesoramento                                             Orientación

 AsesoramentoGrupo

 

        

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios

  • María Gómez Rodríguez

    Hola antes de nada decir que estou totalmente de acordo coa tua reflexión a cerca do Asesoramento e da Orientación. Pero gustaria engadir, tendo enconta unha reflexión que fixo Lourdes Montero durante a clase pasada, que a Oriantación e o Asesoramento teñen como principal diferenza que a Orientación é unha acción directa, mentres que o Asesoramnento é indirecto. E isto podese explicar porque o Asesoramente dentro do sistema educativo centrase en axudar os profesores e a darlles pautas de actuación para que estes poidan chegar a resolvelos actuando sobre os seus alumnos. Mentres que na Orientación a información e a axuda esta directamnete guiada cara o alumnos sen ningún tipo de mediación. Pero a pesar da diferenza sinalada, dentro do campo da educación o asesoramento encontrase encadrado dentro do Orientación. Un saudo

  • Luis Miguel Velay Vivel

    Moitas grazas polo comentario. É certo o que dis, pero chamabame a atención que se poida apreciar esta gran diferencia cando na educación, como ben dis, o asesoramento está incardinado na orientación.

  • Paula

    Velay, me parece una idea genial lo de analizar y buscar las diferencias entre asesoramiento y orientación a través de las imagenes ("una imagen vale más que mil palabras"). Estoy muy de acuerdo con las reflexiones a las que llegas. Y también considero que la principal diferencia entre la orientación y el asesoramiento es esta relación de horizontalidad-verticalidad entre los agentes implicados,  igual que también estoy de acuerdo con lo que introduce María sobre la acción indirecta (asesoramiento) y directa (orientación), pero tengo ciertas dudas sobre que esta última diferencia sea tan clara. Sí es verdad que el asesoramiento se realiza de profesional a profesional. ¿Y la orientación? sé que ésta va dirigida al alumno, pero creo que hay intermediarios ¿no?. Por ejemplo, en la orientacion escolar y profesional cada vez se habla más de intervenir transversalmente a través de todas las materias. En este caso, el orientador debería trabajar con los profesores a la hora de realizar las programaciones de aula, los planes de acción tutorial y los programas de orientación escolar, ¿qué opinais?

  • Luis Miguel Velay Vivel

    Creo que es muy interesante lo que dices. Lo cierto esque estas diferencias eran mucho más claras anteriormente, puesto que tanto asesoramiento como orientación han evolucionada hasta llegar prácticamente a confluir, pues si nos fijamos ¿donde enmarcaríamos principalmente el asesoramiento en el ámbito encolar? ¿Entre las funciones de la orientación?