A utilización abusiva de móbiles

Vendo a entrada que puxo unha compañeira, Rosario, sobre os videoxogos, non nos debemos olvidar do uso dos teléfonos móbiles.

Todo o mundo o ten e parece que hai uns anos, os nenos xa nacen con el. Nas aulas non están ben vistos e creo que en moitos centros non os deixan ter encendidos nin á vista porque interrumpen as clases e despistan ao alumnado. 

Encontrei unha noticia que me pareceu moi interesante no periódico "La Voz de Galicia" sobre o uso excesivo deste aparello na xuventude e na xente adulta. Nela, unha psicológa e profesora de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade de Massachussets, dá unha conferencia sobre este tema e sobre a soidade que pode provocar o móbil. Na zona dereita da páxina aparecen os apartados coas preguntas máis importantes en cada un deles (Móbil e vida emocional, móbil e cambio persoal, xuntos en solitario e medo á intimidade). Como vedes na noticia, hai un enlace "Actividades e recursos" que permite ver a conferencia.

 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2012/10/17/utilizacion-abusiva-mobiles/0003_201210SE17P2991.htm

                                           Uso abusivo de móbiles

A raíz disto, ocurríronseme as seguintes preguntas;que opinades do uso do móbil nas escolas? Debería haber programas ou charlas nas escolas para evitar engancharse a eles? Credes que os asesores deberían axudar neste tema?

Espero as vosas opinións! 

 

Comentarios

  • Rosario Dominguez Oviedo

    Hola Maira! Un poco en la línea de lo que comentábamos en mi entrada sobre el uso de los videojuegos decir que el mundo avanza y hoy en día hasta cierto punto es normal el uso de móviles entre adolescentes. Y digo hasta cierto punto, puesto que, a veces quedo sorprendida con el uso de móviles en niños a muy temprana edad. Yo lo pude observar en las prácticas como niños de diez años ya tenían su propio móvil o su cuenta en distintas redes sociales. Y yo me pregunto ¿para qué quiere un niño de diez años un móvil táctil último modelo? ¿Hasta que punto los padres consienten demasiadas caprichos que parece no corresponden a la edad de sus hijos?

    Me parece un tema intersante a tener en cuenta y que, por suspuesto, deberían debatir los principales responsables como padres, profesores y los propios alumnos. Además de programas que conciencen no tanto al alumnado sino a los propios padres pues, al fín y al cabo, ellos son los principales responsables de que su hijo tenga móvil a tan corta edad. 

    Además, en adolescentes sería necesario fomentar su uso responsable y para ello los centros deberían contribuír en este sentido. Por lo tanto, creo que la figura del asesor es fundamental en este aspecto.

  • Verónica MB

    Creo que como outro tipo de recurso, o problema reside principalmente en se nós controlamos este tipo de aparellos ou son eles os que nos controlan a nós.

    Como ven dicides, os nenos de hoxe en día teñen a súa disposición móbiles último modelos que realmente debida a súa corta idade, é discutible que realmente lles faga falta.

    De aí que a figura do asesor/a sexa crucial, xa que este pode anticiparse ós problemas  que poidan xurdir (recordemos que unha das funcións do asesor/a é a prevención) e para iso será de vital importancia que facilite información e traballe en conxunto co entorno do neno sobre este tema (pais, profesores, etc).

  • Maira Calderón Prada

    Gracias por contestar tan rápido chicas!!

    Eu penso que hoxe en día, sen dúbida algunha, os pais son demasiado permisivos. É mais, creo que non só os nenos son os consentidos, senón tamén adolescentes e adultos. Desde o meu punto de vista, a culpa tena a sociedade na que vivimos xa que todo consite en comprar, tirar e volver a comprar. 

    Estou totalmente dacordo con vós en que aquí a figura do asesor ten un papel moi importante para poder evitar este tipo de problemas, xa que como dis ti Verónica, unha das funcións do asesor é intentar previr. Polo tanto, debe realizar todas aquelas actividades (charlas aos alumnos,pais; cursos de formación ao profesorado,etc.) que sexan necesarias para solventar os problemas que poidan xurdir.