A era do profesor desorientado.

Empezo esta entrada, animándovos a todos leades os xornais, porque hai algúns artigos que realmente nos fan reflexionar moito, o que resulta moi interesante.

Concretamente, en este caso é o xornal " El País" con un artigo sobre a desorientación do profesorado na actualidade.

Algunhas persoas creen que o principal error é que docentes do S. XX intenten educar a alumnos/as do S- XXI en instalacións do S. XIX. Outras en cambio consideran que se perderon os valores básicos da educación, sobretodo a disciplina e o esforzo. En realidade, a cuestión é unha mezcla de ambas, posto que os docentes non teñen claro, non encontran ou non lle ofrecen as ferramentas necesarias para enseñar ás novas xeracións.

Dentro do artigo, chamoume especialmente a atención unha frase que pronunciou un sociólogo da Universidade de Salamanca chamado Fernando Gil, e que dixo que :  "Los profesores se enfrentan a los alumnos, especialmente los adolescentes, más desorientados de la historia. Sin el apoyo de las creencias religiosas e ideológicas, flotan a la deriva del consumismo y de la Red. Tienen los padres más permisivos de la historia, con problemas para ejercer la autoridad, lo cual se observa cuando hay tensiones en el centro, porque se posicionan más del lado del hijo-alumno que del lado del profesor".

Por outra banda, tamén nos amosan a percepción dos docentes, moi pesimista ao respecto. De feito, é a peor dos que participaron no Informe Talis da OCDE, que encuestou a 90.000 profesores de 23 países. Mentras que uns se queixan da perda de autoridade, outros explican que esa autoridade debe gañarse e non se outorgada polo feito de ser docentes, ao igual que se fai no resto de ámbitos da sociedade.

Eu estou mais de acordo con esta segunda opinión de que a autoridade debe gañarse. Non obstante, é evidente que a porcentaxe de alumnos indisciplinados é cada día maior, e que entón ese respeto deberá ser compartido no ambiente familiar e social para axudar a gañar ese respeto que na miña opinión nunca debeu perderse.

En último lugar, gustaríame conectar esta entrada coas anteriores nas que falabamos da motivación de profesores e alumnos e da súa importancia para o proceso educativo. Pois ben, hai unha autora que neste artigo manifestou unha opinión que a min persoalmente me fixo reflexionar e que vos deixo para que si vos apetece me dedes a vosa opinión ao respecto : " A falta de motivación por parte de los estudiantes es la consecuencia y no la causa del problema."


www.elpais.com

Comentarios

  • María Gómez Rodríguez

    Dende o meu punto de vista na actualidade estanse dando graves problemas conducatuais e disciplinarios que anos atrás non sucedian ou sucedian nunha medida moito menor. Esto según a miña opinión é debido a que na actualidade as familias en moitos casos teñen unha maior carga laboral, é dicir que os dous proxenitores traballan, e polo tanto hai unha escaseza total de tempo para educar os fillo. Pasando deste xeito a delegar esta labor o profesorado. Pero en realidade esta labor o meu entender debe ser case exclusiva das familias, posto que os profesores son os encargados do proceso de ensino- aprendizaxe dos alumnos non de darlles unha educación que é propia do seo familiar.

  • iris

    Hola Silvia con respecto a tu entrada yo también pienso que la autoridad debe ganarse, pero la educación en la familia sí que es esencial; ya que considero que los profesores que no muestran autoridad los alumnos le pierden el respecto; pero cuando sucede esto y aun por encima no tienen una cierta educación se crea una situación insuperable. Esta situación se debe a que un niño o niña de por si, si se le da una cierta confianza pueden alborotarse más que con otro profesor que no se la dé; pero si el niño o niña  falta al respecto al profesor de una forma no habitual, es porque falta la educación que debe recibir en su casa.

      En cuanto a la última frase que dejaste, pues pienso que se refiere a que en ocasiones, es la forma de trasmitir conocimiento la que tiene como consecuencia la desmotivación del alumnado.

  • PAULA ALBORÉS DIOS

    Ola compañeiras. Aínda que non sei moi ben por onde empezar alá vou.

    Por unha banda, creo que o tema da educación na familia xa debe estar totalmente asumido pola mesma, cando na realidade isto non sucede, digo por experiencia. Hoxe en día os pais levan ós seus fillos a diversos centros para facer diferentes actividades, dende recén nacidos, como as garderías, pensando que o feito de acudir ós mesmos por sí só xa fai que a educación veña por inspiración divina, e nada diso ocorre. Tamén é certo que á situación laboral dos pais hoxe en día, conforme aúmentan os nenos en idade, atopámonos con familias desestructuradas, é dicir, hoxe abundan máis este tipo de familias que anos atrás, o cal leva ó neno a un desconcerto e descontrol en todolos ámbitos da personalidade, polo que a desorientación é cada vez máior, co cal a actividade do orientador vese incrementada.

    Por outro lado, os profesores tamén están desmotivados, pois como vemos nas noticias do día a día, son moitos os aspectos que contribúen a iso, como que son uns vagos, que lle baixan o soldo, que se veñen uns pais que aínda teñen máis que dicirlle pola educación que está a darlle ó seu fillo,... é dicir, é tal o desconcerto que ten que non sabe a que aterse para seguir estando ó 100% no seu traballo, cousa que do contrario, debemos valorar que algo falla no sistema, o peor é que ninguén se atrebe a meter baza para modificalo, e así conseguir esa escola de calidade que tanto se persigue.

    E por último, o cúmulo de todas estas circunstancias e outras moitas ás que habería que facer referencia fan que a falta de motivación en todos os sectores implicados vaia cada vez en aumento, o cal non leva a un mellor resultado do proceso educativo no seu conxunto.

  • Raquel Viña Molinos

    Paréceme moi interesante a frase coa que conclúes a túa entrada, Silvia. É unha frase que nos ten que facer reflexionar sobre o que se está a facer día a día nas aulas. Como ben dí Iris, esa desmotivación ben pode ser consecuencia da forma de transmitir o coñecemento que se leva a cabo maioritariamente na nosa sociedade. É ben certo que o emprego do libro de texto, a realización de actividades tipo "completa" que nel aparecen, a creencia de que as cousas son como se explican nos libros e non cabe debate posible,... non pode motivar a ninguén.

    As instalacións do século XIX? Probablemente, pero que hai da forma de ensinar, de que século é??? Realmente iso é o que hai que cambiar. É certo que non é facil, que os profesores tamén estamos cada vez máis desmotivados debido ó escaso recoñecemento social, á actitude desafiante do alumnado, á falta de implicación familiar,... Pero hai que romper co acomodamento e comezar a cambiar!! E, quen debe ser o principal axente de cambio nun centro educativo? Pois o orientador, que debe asesorar ao profesorado sobre novas metodoloxías, novas formas de facer, xa que ás veces, non se da o cambio pola escasa formación incial, porque repetimos o que sempre vemos facer,... O orientador debe pois actuar e colaborar co profesorado para que o cambio sexa posible.