Seguimos Construíndo Coñecemento (Parte 2ª)

Pois ben, continuando ca última sesión de clase do 10 de outubro e analizando a terceira cuestión que se expuxo na  clase e,  a cal  se refire  a: que entende o grupo de traballo por asesorar, foron moitas as concepcións que  deron os distintos grupos, entre elas cabe destacar:(algúns destes grupos rexéronse  por autores e outros construíron definicións):

-Asesorar é un proceso de apoio.

-Proceso de selección de problemas.

-Proceso sistemático de axuda e apoio.

Tendo en conta que axuda e apoio son os dous piares fundamentais do asesoramento pero, hai outro elemento interesante e de discrepancia, o cal se refire ó  modelo de consulta sinalando o carácter   reactivo onde o  asesor/a espera a que se lle propoña un problema para logo resolvelo, fronte a outro carácter  proactivo referíndose a que se fai prevención antes de que se  lle expoñan os problemas. Pero o asesor/a pode actuar de forma reactiva e proactiva, xa que pode estar observando nun centro educativo e ver algo que se pode mellorar (posibilidades de mellora) sen que ninguén lle propoña o problema e así, o asesor/a ten que coñecer a realidade na que está inmerso, ten que sair ó encontro da realidade na que traballa. É unha maneira de entender o asesoramento.

Con respecto, a quen toma as decisións (outros dos aspectos mencionados)  se o asesor/a ou a persoa que propón o problema,sempre vai ser este último quen as tome, xa que o/a asesor/a non é quen as debe tomar, senón  que o vai capacitar con axuda e con ferramentas necesarias para que se tomen as propias decisións e así o asesor/a acabará desaparecendo se o fixo ben. En palabras de Lidia Fernandez (investigadora arxentina): O mellor asesor/a é aquel/a que acaba desaparecendo.

Outro dos aspectos que se desenvolveron durante o análise desta cuestión foi a diferenza entre asesorar e orientar e, como  poden ser entendidos estes dous termos sinalando que o asesoramento é indirecto e sempre cara os profesionais e implica intervir con institucións, equipo...; mentres que a orientación é directa cara o alumnado e implica intervir sobre a persoa.Para clarificar o que acontece no noso contexto, Galicia, a orientación educativa desenvolvese en centros educativos e ten entre as súas funcións o asesoramento.

Seguindo cas propostas da cuestión cuarta a maioría  dos grupos están de acordo en que si que existe profesión de asesor/a, só que cara o escenario educativo existe un certo ocultamento xa, que non é moi recoñecida e sempre se fala de asesoramento no mundo financeiro, político ou doutros ámbitos, por exemplo os asesores/as da facultade, están ocultos?onde están?

Finalmente a última cuestión moitos dos grupos fixeron referencia ós autores/as durante o traballo, mentres outros empregaron este espazo para referenciar a bibliografía e a webgrafía.