• Blogs
  • Alicia Nimo
  • Noticia de última hora... Más motivación para el profesorado!

Noticia de última hora... Más motivación para el profesorado!

Los funcionarios cotizarán por la paga extra de Navidad pese a que no la cobrarán

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/10/22/funcionarios-cotizaran-paga-extra-navidad-pese-cobraran/00031350926268574650393.htm

Ahora si que me voy a dormir...

Comentarios

  • PAULA ALBORÉS DIOS

    Si alicia, ti o pos neste enlace. Eu non sei se rir ou chorar. Explicoche a miña situación.

    Eu son coordinadora dun centro de nenos dun concello, polo tanto, presuntamente, funcionaria para que me baixen o soldo, me quiten a paga extra,...... Aspecto que me indigna xa que estamos facendo cada traballadora o traballo de dúas persoas.

    Pero o gracioso é que, presuntamente, non son funcionaria cando, por exemplo, me presento ás oposicións e non me puntúa o meu traballo, para os meus dereitos e deberes,....

    Xa non sei que pensar, teño un cola-cao mental. Alguén me podería explicar isto? Xa preguntei en moitas portas pero todas se me cerraron e non obtiven unha resposta convincente.

    Por certo, seremos entón os que traballamos para a administración, sexa do tipo que sexa, os culpables desta crise? fomos nós á caso os que roubamos tanto diñeiro que ahora non temos para a nosa paga extra?

  • EU

    Calquera medida que se toma contra o funcionariado é unha medida popular, de boa vista para o pobo. Os funcionarios son unha clase traballadora mal vista dentro do pobo. Son os que non fan nada, os que van de café, os que traballan só pola maña, os que cobrán moitísimo....e bla bla bla....

    O que non sabemos é que os funcionarios levan anos cos soldos conxelados, que existen diferentes clases de funcionarios...si! hai funcionarios que nin son mileuristas! hainos que fan o traballo como ben dis Paula, de tres ou catro persoas por non contratar máis...son os traballadores que se comen os marróns dos xefes...os que están nas ventanas de oficinas etc etc. Pero seguimos maltratando este sector de traballadores....que pensamos que se facía coa paga extra deles? amigos...invirten,moven a economía, gastan, consumen...que pensamos que vai suceder estas navidades? E tampouco nos engañemos....hai que estudar, traballar e traballar e sacar unha oposición! non naceron ahí sen máis!

    E como pasa en todo traballo desta vida, profesionais e non profesionais existen en todos sitios, sexan ou non funcionarios!

  • Alicia Nimo

    Efectivamente, totalmente de acordo contigo Hadrian. E engadiría que ademais son os que xestionan os servizos públicos, servizos dos que se beneficia toda a poboación e que son os únicos que garanten unha mínima igualdade de todas as persoas.

    Maltratando aos funcionarios, e non só aos funcionarios, senón aos interinos e sustitutos, ao persoal laboral... están mermando a calidade deses servizos e polo tanto dando motivos para que desaparezan. E cando iso ocorra os perxudicados seremos TODOS!