Practicum II

A continuación, comento un pouco o que estamos a realizar este ano no Practum II de Pedagoxía.

Dende o pasado día 1 de outubro, unhas compañeiras e máis eu comezamos o noso Practicum de Pedagoxía na Aula Hospitalaria do CHUS. Dúas de nós xa realizáramos alí as prácticas do curso pasado, e polo tanto, xa coñecíamos o que alí se está a facer. Pero este ano deberíamos desenvolver o proxecto que ideamos anteriormente para aplicalo neste período.

            Ademais das alumnas de Pedagoxía, contamos coa directora da aula (Ruth), dúas becarias (Tania e Mercedes) e unha alumna de prácticas de Animación Sociocultural (Alejandra).

            Con horario de mañá, e de luns a venres, acudimos dita aula. Estamos a falar dunha aula que non reúne as características normais dunha aula dun colexio, senón que aquí a realidade é ben distinta. Así é que os rapaces cambian case todos os días e poucos son os que temos de longa estadía (normalmente enfermos oncolóxicos). Por iso, o modo no que se trata con eles tamén cambia.

            Cando un neno ou nena chega por primeira vez á aula, pasámoslle unha ficha de seguimento, a cal nos permite coñecer un pouquiño máis ao rapaz/a. Esta componse de nome e apelidos, nome dos pais, motivo de ingreso, data de ingreso, colexio, nome do titor, materias que máis lles gustan, as que menos... Con ela, empezamos a coñecer ao neno/a.

            Normalmente, esta ficha pásaselle aos nenos que son mais maiores, xa que estes van a ser os que fagan tarefas escolares nesta peculiar aula. A partir dos 6-7 anos sería cando se aplica.

            Os nenos que teñen menos desta idade, veñen á aula co fin de entreterse, de facer que as horas que pasen alí sexan o máis amenas posibles. Así é que temos á súa completa disposición un montón de xogos, libros, debuxos... cos que poder entreterse, ao igual que nos teñen a nós, para a súa supervisión e entretemento.

            Pero os nenos que son máis grandes, os de primaria, dedican o tempo das mañás no hospital á realización de tarefas escolares. Isto permítelle non perder o fío das clases ordinarias, sobre todo aqueles rapaces que pasan moito tempo hospitalizados. Así é que cada día fan deberes e exercicios de matemáticas, lingua, inglés... e todas as materias necesarias. Nos estamos alí para resolverlle todas as dúbidas necesarias e explicarlle a materia, para que non se queden estancados nin perdan o ritmo das clases. Ademais disto, tamén teñen tempo para xogar e divertirse coma os máis pequenos.

            Basicamente, as nosas horas alí son dedicadas ao xa comentado, tarefas de reforzo cos nenos máis grandes e  de coidado e entretementos cos máis pequenos.

En canto á aplicación do proxecto deseñado o pasado curso, dicir que no noso caso é bastante difícil a súa posta en marcha, xa que non temos unha constancia cos rapaces cos que contamos (o cal nos dificulta bastante a labor) e, por motivos diversos, os nenos cos que contamos actualmente, son a maioría de moi curta idade. De todas formas, aínda que non se desenvolva o proxecto enteiro, intentaremos aplicar diversas actividades  que tiñamos deseñadas.

 

Comentarios

  • Lourdes Montero

    Ola Eva, este conxunto de actividades que relatas como experiencia do Practicum II, che fixeron sentir como profesora? O proxecto, diseñase antes de ir ao practicum, durante, despois?

    Nos vemos

    Saúdos

    Lourdes

  • Eva Barbazán

    Ola Lourdes! Pois ben... despois do visto hoxe na clase, creo que estas preguntas xa quedaron máis ou menos resoltas, pero aínda así comentoche o meu caso en particular.

    Na Aula Camilo José Cela do CHUS o labor que facíamos era básicamente de profesoras de apoio, salvo en momentos moi puntuales que te poñías na pel dun pedagogo. Pero a realidade foi esa... durante mes e medio, todas a mañáns axudábamos aos rapaces coas súas actividades escolares, ofrecendolle apoio e supervisión. Certo é que tratabamos de introducir métodos pedagóxicos no noso trato cos rapaces, empregábamos as distintas técnicas de estudo, etc, pero en resumo, pódo concluír en que básicamente exercíamos de profesores, o cal non foi un impedimento para a nosa realización persoal.

    En canto ao que me preguntas do proxecto, este foi realizado no curso anterior, coa intención de aplicalo neste Practicum II do 4º curso. Pero, no meu caso, a aplicación deste non foi posible. A realidade educativa que ten unha aula hospitalaria dista bastante da dunha aula ordinaria: novos alumnos cada día, alumnos que se van, rango de idade demasiado amplo (de 0-16 anos), "debilidade" dos alumnos, rutinas instauradas.... Unha serie de características que fixeron que non puidéramos facer realidade a aplicación deste proxecto.