"Katmandú: un espejo en el cielo"

O outro día vin unha película, Katmandú, que me fixo lembrarme de todos aqueles debates sobre a Calidade da Ensinanza, da que tanto falamos o curso anterior. Este filme narra a historia dunha mestra catalana, que nos anos noventa, viaxa ata Nepal para traballar coma voluntaria nunha escola. Alí atópase cunha sociedade dividada en castas e profundamente desigualitaria, o que tamén se reflicte no sistema educativo, de pago, onde se exclúe as capas máis baixas da sociedade. Esta mestra decide crear unha escola onde comeza a aplicar o seu proxecto de Pedagoxía Transformadora.

Esta pedagoxía considera a mente como un elemento fundamental no aprendizaxe, xa que dela dependen moitas destrezas básicas para desenvolver as nosas actividades cotiás. Aquí trabállase de forma prioritaria os valores, as virtudes, o respecto ao individuo etc. Estas prácticas estarían integradas dentro do currículo normativo. No filme podemos ver algunha destas técnicas que se levan a cabo na escola.

Tendo en conta que a maduración mental é unha aprendizaxe que deberían adquirir todos os seres humanos, sen ningún tipo de exclusión, este método é unha ferramenta aplicable a calquera individuo, de calquera idade, de calquera país do mundo sen ningún tipo de discriminación.

Nalgúns momentos podes crer que un cambio educativo é posible, inda que sexa a nivel local, pero non debemos esquecer que é unha película.