• Blogs
  • Silvia
  • A miña opinión, a vosa opinión. Gracias!!

A miña opinión, a vosa opinión. Gracias!!

 

Ata o momento, en todas as entradas amosei o meu punto de vista sobre os diferentes temas, pois é importante que cada un de nós reflexemos o noso punto de vista sobre cada tema, que o fagamos noso.

Grazas aos vosos comentarios, non só constrúo eu o meu coñecemento, senón que vós me axudades a facelo cada día opinando sobre aquelo que fago, e por eso, hoxe quero compartir con todos os amigos e amigas que me leen, esas opinións das que eu tanto disfruto e aprendo.

Nunha das últimas entradas do blog na que falei do profesor desorientado, as vosas percepcións sobre este tema foron :

  • María Gómez Rodríguez hace 5 días

    Dende o meu punto de vista na actualidade estanse dando graves problemas conducatuais e disciplinarios que anos atrás non sucedian ou sucedian nunha medida moito menor. Esto según a miña opinión é debido a que na actualidade as familias en moitos casos teñen unha maior carga laboral, é dicir que os dous proxenitores traballan, e polo tanto hai unha escaseza total de tempo para educar os fillo. Pasando deste xeito a delegar esta labor o profesorado. Pero en realidade esta labor o meu entender debe ser case exclusiva das familias, posto que os profesores son os encargados do proceso de ensino- aprendizaxe dos alumnos non de darlles unha educación que é propia do seo familiar.

  •  
    iris hace 5 días

    Hola Silvia con respecto a tu entrada yo también pienso que la autoridad debe ganarse, pero la educación en la familia sí que es esencial; ya que considero que los profesores que no muestran autoridad los alumnos le pierden el respecto; pero cuando sucede esto y aun por encima no tienen una cierta educación se crea una situación insuperable. Esta situación se debe a que un niño o niña de por si, si se le da una cierta confianza pueden alborotarse más que con otro profesor que no se la dé; pero si el niño o niña  falta al respecto al profesor de una forma no habitual, es porque falta la educación que debe recibir en su casa.

      En cuanto a la última frase que dejaste, pues pienso que se refiere a que en ocasiones, es la forma de trasmitir conocimiento la que tiene como consecuencia la desmotivación del alumnado.

  •  
    PAULA ALBORÉS DIOS hace 4 días

    Ola compañeiras. Aínda que non sei moi ben por onde empezar alá vou.

    Por unha banda, creo que o tema da educación na familia xa debe estar totalmente asumido pola mesma, cando na realidade isto non sucede, digo por experiencia. Hoxe en día os pais levan ós seus fillos a diversos centros para facer diferentes actividades, dende recén nacidos, como as garderías, pensando que o feito de acudir ós mesmos por sí só xa fai que a educación veña por inspiración divina, e nada diso ocorre. Tamén é certo que á situación laboral dos pais hoxe en día, conforme aúmentan os nenos en idade, atopámonos con familias desestructuradas, é dicir, hoxe abundan máis este tipo de familias que anos atrás, o cal leva ó neno a un desconcerto e descontrol en todolos ámbitos da personalidade, polo que a desorientación é cada vez máior, co cal a actividade do orientador vese incrementada.

    Por outro lado, os profesores tamén están desmotivados, pois como vemos nas noticias do día a día, son moitos os aspectos que contribúen a iso, como que son uns vagos, que lle baixan o soldo, que se veñen uns pais que aínda teñen máis que dicirlle pola educación que está a darlle ó seu fillo,... é dicir, é tal o desconcerto que ten que non sabe a que aterse para seguir estando ó 100% no seu traballo, cousa que do contrario, debemos valorar que algo falla no sistema, o peor é que ninguén se atrebe a meter baza para modificalo, e así conseguir esa escola de calidade que tanto se persigue.

    E por último, o cúmulo de todas estas circunstancias e outras moitas ás que habería que facer referencia fan que a falta de motivación en todos os sectores implicados vaia cada vez en aumento, o cal non leva a un mellor resultado do proceso educativo no seu conxunto.

  •  
    Raquel Viña Molinos hace 2 días

    Paréceme moi interesante a frase coa que conclúes a túa entrada, Silvia. É unha frase que nos ten que facer reflexionar sobre o que se está a facer día a día nas aulas. Como ben dí Iris, esa desmotivación ben pode ser consecuencia da forma de transmitir o coñecemento que se leva a cabo maioritariamente na nosa sociedade. É ben certo que o emprego do libro de texto, a realización de actividades tipo "completa" que nel aparecen, a creencia de que as cousas son como se explican nos libros e non cabe debate posible,... non pode motivar a ninguén.

    As instalacións do século XIX? Probablemente, pero que hai da forma de ensinar, de que século é??? Realmente iso é o que hai que cambiar. É certo que non é facil, que os profesores tamén estamos cada vez máis desmotivados debido ó escaso recoñecemento social, á actitude desafiante do alumnado, á falta de implicación familiar,... Pero hai que romper co acomodamento e comezar a cambiar!! E, quen debe ser o principal axente de cambio nun centro educativo? Pois o orientador, que debe asesorar ao profesorado sobre novas metodoloxías, novas formas de facer, xa que ás veces, non se da o cambio pola escasa formación incial, porque repetimos o que sempre vemos facer,... O orientador debe pois actuar e colaborar co profesorado para que o cambio sexa posible.

En outra entrada na que vos falei das xornadas de folga na educación que estabamos vivindo, e a miña opinión sobre elas, tamén recibín algunhas opinións moi fundamentadas e interesantes :

PAULA ALBORÉS DIOS hace 8 días

Moi ben defendida a túa explicación compañeira. Estou moi dacordo contigo, xa que na actualidade, debido á tan famosa e á veces "cansina" crisis, o tema da folga está moi de moda, e con razón, pois non hai dereito a que despois do que se leva loitando dende fai moito tempo para conseguir o que hoxe temos, teñamos que volver ós tempos de antes, é dicir, que só poderán estudiar os fillos de xente ben acomodada, á masificación nas aulas,.... De feito, xa se está plantexando unha nova folga, que será xeral para toda España, e que baraxan para o mércores 14 de novembro.

Como ti ben dis todos deberiamos acudir, para defender os nosos dereitos, pero igualmente creo que xa se está facendo repetitivo e está levando a que moitos estudiantes, profesores e pais/nais se comecen a desmotivar, xa que este sistema educativo estase desmoronando, e cando un comeza a perder o interese por algo que está facendo, a meta á que podes chegar non é de todo satisfactoria.

Todos xuntos si podemos conseguir algo positivo, pero "todos". O peor de todo isto, e que nós estamos pagando os pratos rotos doutra xente que non supo desempeñar ben os seus cargos, e digo isto en tódolos ámbitos, non só na educación.

Como vedes vós a situación? Terá unha pronta solución? Chegaremos algún día a esa escola de calidades pola que tantos anos levamos loitando?

 

silvia hace 8 días

Estou dacordo contigo Paula, a desmotivación por parte de moitos profesionais da docencia e das AMPAS de moitos centros educativos cada dia está máis latente, por iso moitos optan pola resignación e por aguantar todo isto que nos está tocando vivir... Aínda que é verdade que debemos loitar por unha educación de calidade, o problema de todo isto e que "non todos remamos na mesma dirección", e sen un rumbo fixo non imos a ningures...

Eu non vexo unha recuperación de todo isto a corto prazo, foron moitos anos de despilfarro en moitos sentidos e agora tocanos pagar a uns por outros...

Estes só son un exemplo dalgúns dos comentarios que recibín, e pareceume interesante facer esta entrada, pois o blog forma parte do meu proceso de aprendizaxe na materia de " Formación e desenvolvemento profesional do profesorado" , e os vosos comentarios axudan a construír o meu coñecemento nela.

Moitas gracias, os vosos comentarios sempre serán ben recibidos sexa cal sexa a vosa opinión sobre os temas que comente. Podedes facelo sempre que vos apetezca.

Comentarios

  • iris

    Hola Silvia me gusta mucho esta entrada ya que destacas un aprendizaje muy importante que se suele dar cuando se trabaja con las redes sociales como es nuestro caso... a lo que se llama aprendizaje colaborativo, ya que aprendemos unos de otros y juntos construimos nuestros propios aprendizajes.