Practicum II: MUPEGA

Xa estamos no ecuador das nosas prácticas e como o final da nosa estadía na institución deberemos facer unha valoración deste período, quería facer unha primeira entrada presentando o meu Prácticum II.

No meu caso, repito no Museo Pedagóxico de Galicia, este ano con máis responsabilidade e máis traballo!

Para comezar fago unha breve contextualización…

O Museo Pedagóxico de Galicia é un centro museístico especializado en materia educativa dentro do territorio galego. Créase polo Decreto 268/2000, do 2 de novembro (DOG nº 219 do 13 de novembro), mediante a proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Inaugúrase finalmente o 21 de outubro de 2004.

As súas finalidades son as de promover e desenvolver a recuperación da memoria educativa así como a súa salvagarda, estudo, mostra e difusión.

Algúns dos obxectivos do Mupega son: 1) a recuperación e conservación de pezas, 2) favorecer a investigación sobre Educación, de ahí que reciba o nome de “museo pedagóxico”, 3) realización de exposicións temporais e permanentes, 4) promover tanto proxectos como publicacións que recollan a memoria educativa de Galicia, 5) elaborar bases de datos para catalogar os obxetos que se atopan no museo, 6) e por último, deseñar unidades didácticas.

 

Os labores de  documentación e recursos son: 

  • Reunir, catalogar e poñer a disposición dos investigadores e estudosos os fondos documentais xerados arredor da educación ao longo da historia de Galicia.
  • Recompilar e conservar os testemuños dos ámbitos temáticos da súa incumbencia.
  • Constituír unha biblioteca e unha hemeroteca especializadas na educación e na pedagoxía en Galicia.
  • Crear unha ludoteca á que se incorporen principalmente os xoguetes autóctonos e os xogos propios de Galicia.
  • Elaborar as bases de datos que se propoñan para os fins do Museo.
  • Asistir e asesorar a todas as persoas e institucións interesadas na consulta dos seus fondos.
  • Establecer unha mediateca educativa.

 

Este centro museístico recolle a historia da educación en Galicia á perfección mediante o recreamento das aulas históricas ou o reflexo do mundo infantil.

En relación coa materia, é un lugar obrigatorio de paso para todas as persoas que se queiran adicar a función docente e así se fai notar coas numerosas visitas de facultades de ciencias da educación así como masters de formación de profesorado.

Todo o mundo debe ser coñecedor da historia do seu pobo e o do seu ámbito de traballo e que mellor forma que un museo no que se ilustre e recreen as aulas dos últimos séculos, entrevistas os mestres da antiga escola, recreación do mundo infantil e xogos tradiacionais.

 

Tílulo da páxina: Museo Pedagóxico de Galicia