• Blogs
  • -------
  • O malestar docente e a autoridade do profesorado

O malestar docente e a autoridade do profesorado

 

O malestar docente

 

Realizando unha análise de diversos documentos que fun atopando na web seleccionei  o que aporto o comezo, debido a que resultoume moi claro e preciso na temática que pretendía tratar, como é o “malestar docente”.

Este tema podíamos relacionalo co tremendo debate que xurdiu na clase, relativo á condición dos profesores e profesoras como vítimas da sociedade do coñecemento.

Como podemos dar conta no documento, o profesorado  nos seus inicios afronta a súa labor con ilusión, xa que trátase dunha profesión na  que a vocación soe ser fundamental. Pero no momento no que pasa a formar parte do Sistema Educativo comeza a atoparse con diversas dificultades que terminan por transformar dita ilusión  en desmotivación e inseguridade ante a súa función como docentes.

Entre os aspectos negativos cos que se atopa pódese destacar: a formación do profesorado non adaptada os cambios actuais, a diminución do prestixio social debido a que se relaciona directamente o profesorado co fracaso escolar, a perda de autoridade ante o alumnado, falta de motivación do alumnado ou falta de medios na escola.

Todas estas problemáticas, así como outras de menor incidencia afectan de xeito importante tanto na saúde física como emocional dos profesionais, que incide de xeito directo na súa labor docente e polo tanto deteriórase o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Entre os aspectos negativos anteriormente citados  gustaríame centrarme neste caso na perda de autoridade ante o alumnado xa que o considero un aspecto clave na perda de motivación do profesorado. Neste punto considero que é fundamental a labor educativa que se leva a cabo dende a casa, e aquí, e onde se comenten os maiores erros. Considero que os país tenden a delegar responsabilidades na escola e ademais disto, criticar moitas das decisión que poden tomarse dende ela. Polo tanto ante isto, todo o peso cae sobre o profesorado e fai moito máis complicada a súa función.

A pesar do dito anteriormente non considero que a solución a ditos problemas sexa o fortalecemento da autoridade do profesor a nivel legal, xa que iso non vai solucionar o problema, posto que considero que vai xerar maior rexeite por parte do alumnado.

A solución o problema  sería una maior colaboración entre familias e docentes. A educación do neno comeza no fogar e prosigue na escola e para que teñan una educación axeitada, os país deben darse conta que a súa función é fundamental e non poden delegar todo na escola. Polo tanto ten que haber una maior implicación por parte das familias e un maior achegamento dos docentes a elas. Conseguindo isto, seguramente poderá mellorarse a relación profesor-alumno.

 

Webgrafía