Técnica de acuario

imageNa ultima sesión terminamos a clase plantexando unha tarefa para a seguinte sesión que con consiste en traballar o texto “Comprender y redireccionar las prácticas de asesoría” de Jesús Domingo Segovia mediante a Técnica de Acuario. Posto que non sei moito sobre esta técnica, vin necesario informarme sobre ela.

Esta é unha técnica que debe o seu nome á colocación que se fai dos participantes: fórmanse 3 círculos; os integrantes do primeiro circulo serían os expertos, os do segundo os observadores críticos e o terceiro e gran grupo serían os observadores. Se estrapolamos esta estructura a un acuario poderíamos chamar ó primeiro circulo o grupo dos peixes, ó segundo o dos retroalimentadores e ó terceiro os sintetizadores. No noso caso o grupo dos “peixes” estivo formado por catro persoas, o dos “retroalimentadores” por tres compañeiras e o resto de asistentes á sesión compuxemos o grupo dos sintetizadores.

Con esta ténica poden manexarse contidos de tipo teórico que permitan a análise e a síntese dos seus componentes. Os participantes deben exercer dominio sobre a información, con anterioridade ó desenrolo da técnica.

Os obxetivos desta ténica son:

-  Propiciar o aprendizaxe dun tema mediante o análise e a síntese da información.

-  Profundizar no coñecemento dun tema.

-  Avaliar o grado de dominio que posee o grupo sobre o tema.

-  Propiciar un ambiente informal para o análise dun tema.

 

Pero, ó igual que todas as técnicas, presenta varios puntos fortes e débiles:

-  Fortalece as habilidades de sintese e analise.

-  Favorece a integración do grupo.

-  Esixe escoitar críticamente e expresar ideas claras e con brevedade.

-  Permite realizar unha sintese grupal do tema. Permite detallar a información, facilitando ó grupo a comprensión do contido en tres niveis: comprensión, análise e síntese.

-  Ofrece retroalimentación ós participantes sobre a súa presentación.

-  Se os participantes falan en voz baixa ou cun linguaxe complexo, á persoa en turno fáiselle difícil retomar e complementar os comentarios.

-  Esixe que os participantes posúan habilidades desenroladas para a observación, o análise e a síntese.

-  Todos os participantes deben dominar o tema.

Na entrada correspondente á seguinte sesión comentarei como funcionou esta técnica e cales son os puntos ós que se chegou.