Ámbitos de asesoramento e funcións do asesor/a.

Centrándonos xa máis concretamente no ámbito do asesoramento, tratarase de identificar os escenarios nos que se desenvolven tarefas de asesoramento, para a continuación facer fincapé nas tarefas desenvoltas polo asesor/a.

En canto ós escenarios, destacar que na vida diaria o asesoramento podémolo atopar en múltiples situacións como por exemplo acontece nas seguintes:

  • No ámbito familiar.
  • No ámbito xurídico.
  • No ámbito lexislativo.
  • No ámbito académico.
  • No ámbito social.
  • No ámbito pedagóxico e psicopedagóxico.
  • Nos servizos sociais.
  • No ámbito administrativo.
  • No ámbito da moda, estética.
  • Asesor matrimonial.
  • Asesor de marketing.
  • Asesor relixioso.
  • Asesor científico.
  • Asesor deportivo.
  • Asesoramento na rede.

Finalmente destacar en canto ó ámbito de traballo do asesor que este é moi variado posto que o asesoramento non se atopa encasillado a un terreo concreto senón que a labor do asesor/a pode atoparse en calquera situación da vida cotiá.

Por outro lado, entre as funcións que poden ser desenvoltas por un asesor/a podemos atoparnos coas seguintes:

  • Proporcionar información.
  • Formar.
  • Proporcionar apoio á persoa que o necesite.
  • Colaborar.
  • Guiar.
  • Acompañar.
  • Aconsellar.
  • Axudar.
  • Tomar decisións.

Deste xeito  e trala elaboración destes puntos a cerca do asesor, chegamos á conclusión de que as tarefas dos asesores son moi variadas e que poden ser levadas a cabo en ámbitos moi dispares, mentres que no caso dun orientador as funcións se atopan máis restrinxidas.

Posteriormente continuarase coa elaboración dunha definición sobre asesoramento, e neste caso correspóndese coa seguinte:

O asesoramento é un proceso de guía, axuda, acompañamento... no que un experto nun campo do saber determinado, trata de axudar, resolver problemas, aconsellar ou mellorar unha situación ou unha necesidade doutra persoa (cliente).