" Siempre he querido ser de los buenos "

Así titula un xornal de gran tirón no noso país ( El País ) a seguinte noticia. Nel tres profesores de xeracións distintas reivindican a labor dos nosos mestres en tempos de recortes e tensións.

Aitor Benito é un destes mestres, en paro ( como a gran maioría ), e que elixiu esta profesión por pura vocación.

Silvia Castilla ( profesora nun FP de administración ) e Martinez ( profesor de matemáticas ), non teñen unha plaza fixa, pero si contan con un posto de traballo.

Ambos tres, coincidiron en que de cativos distinguían os profesores bos ( aqueles que os mantiñan casi sin pestañexar en toda a clase ), e os malos ( aqueles nos que non vían un interese mais alá de facer un traballo e terminalo sin ter en conta outros aspectos ). Eles sempre o tiveron claro, querían e esforzanse cada día por pertencer ó bando dos bos profesores.

http://www.elpais.com

Eu lendo artigos coma éste, tamén o teño mais que claro, eu tamén quero nun futuro cada vez mais próximo, pertencer ao lado dos " bos" sexa donde sexa, e ser recordada non como " a mellor" , pero sí como " boa", facendo entonces un bo traballo.

.Recordade que o mais importante non é ser o mellor no noso posto de traballo, senón facelo o mellor posible para ser recordada de xeito positivo.

Comentarios

  • Melisa

    Apréciase moi ben cando un profesor ou profesora ten vocación. Penso que un bo profesor ou profesora non é aquel que máis contidos dá senón aquel que mellor sabe chegar ás inquietudes dos rapaces e das rapazas, facendo que os contidos dados cheguen a interiorizarse.