Marea Verde

Proseguindo co desenvolvemento do meu portafolios e intentando darlle continuidade e sentido en relación as temáticas tratadas anteriormente, considerei oportuno investigar sobre un termo que xurdiu na clase e no que outras compañeiras/os xa traballaron. O termo do que vou falar é a “Marea Verde”.

Intentando enfocar o significado do termo “Marea Verde”, o mesmo se refire as diferentes protestas contra os recortes na educación non Universitaria que se produciron en España, dun xeito máis forte na Comunidade de Madrid, o comezo do curso escolar 2011/2012.

Este conxunto de protestas foron desencadeadas cando o 4 de Xullo de 2011 publícanse as instrucións de principio do curso escolar 2011/2012, que implicaban a non renovación de 3000 profesores interinos, xa que se aumentou o horario lectivo do profesorado en secundaria dúas horas. A pesar disto, as condicións de traballo dos docentes e a calidade da ensinanza pública concretamente en Madrid, xa se viña deteriorando  dende anos anteriores debido a diversas medidas.

O nome que se lle designou a protesta débese a cor das camisetas vestidas polos manifestantes. As prendas, que levaban inscrito o lema "Escuela pública de todos, para todos",foron deseñadas anos antes pola “Plataforma por la Esuela Pública de Vallecas”.  Dita plataforma decidiu realizar un chamamento para levar dita camiseta o primeiro día do curso 2011/2012. O chamamento a dita acción fíxose a través de diversos blogs e grupos de Facebook. Todo isto, a raíz do expediente sancionador a unha profesora que a  vestía mentres aplicaba unhas probas oficiais nun centro privado concertado de Madrid. 

Despois de enfocar un pouco o termo e ter una visión máis global do mesmo, intentarei facer una pequena reflexión para enfocar o meu punto de vista.

Debido a que os recortes e máis concretamente os recortes na educación son un tema presente no panorama diario que vivimos na actualidade, isto provoca que sexan moitas persoas as que opinen e expresen o seu punto de vista, o que fai que sexa un tema presente en gran parte das conversacións que temos no noso día a día.

Dende o meu parecer, e penso que dende o parecer da maioría a educación ten que ser a base dun pobo que necesita progresar e saír adiante para poder ter un futuro estable.

Mediante a educación do pobo, acadaremos un pobo culto, con sentido crítico e que non se conforme co que lle establecen uns poucos, senón que loite por algo mellor e teña ferramentas para acadalo.

Para isto é fundamental que exista unha educación igual para todos e na que todos teñan as mesmas posibilidades,  posto que isto vai propiciar unha sociedade na que as diferenzas entre clases non se agranden e pola contra tendan a diminuírse.

Polo tanto a educación, debería ser o aspecto no que non se fixeran recortes e no que máis recursos se ofreceran,  xa que representa o futuro que está por chegar.

Como vídeo representativo da “Marea Verde” pareceume representativo  un vídeo que xa foi mencionado noutra entrada dunha compañeira. A continuación deixo o enlace:


Webgrafía