O lado bo, o profesor implicado.

Hoxe quero contarvos a todos algunhas cousas que estou aprendendo no Prácticum II, que por certo, debemos disfrutalo ao máximo, pois xa só nos quedan 2 semaniñas.

No cole no que estou ( C.E.I.P. de Sigüeiro ), aténdese a un gran número de alumnado e con características moi diversas. Contamos con moitos alumnos con necesidades educativas especiais, que ademais comparten enseñanza  con outros centros específicos nas súas problemáticas ( sordo-mudos, Síndrome de Down, etc...).

Pois ben, na aula na que estou aplicando o meu proxecto de intervención sobre a Hiperactividade e o Déficit de Atención, hai un neno no que non se encontran necesidades educativas específicas, pero que sí se atopan anomalías no seu comportamento e no seu rendemento académico. A tutora traballa con el tanto na clase como individualmente para tentar dar co problema e poder solucionalo. Falando en colaboración co equipo de orientación e co equipo directivo, decíde dar aviso á asistenta social para conocer a situación familiar, e ahí precisamente, dáse co problema. Unha abuela con unha enfermidade grave que non lle permite levantarse da cama, os pais sin poder traballar pola crise actual, con depresión e con varios intentos de suicidio. Ésto fixo que o neno consciente da situación familiar, se vira afectado por todo esto, mostrando un cadro depresivo, que gracias á atención do profesorado ( especialmente da titora ), estamos en proceso de solucionalo dándolle un tratamento médico e psicolóxico moi necesario para a súa recuperación, e moito afecto para que se sinta querido.

Con ésta anécdota que me sucedeu nesta etapa, tamén pretendo explicarvos con un caso real o que entendo eu por un bo docente, aquel que non só se limita a dar uns contidos académicos, senón que se implica persoalmente co seu alumnado.

Espero que os voso prácticum estea sendo igual de productivo e satisfactorio como o meu, pois estou aprendendo moito, e síntome moi satisfeita con todo o que estou facendo alí.

.

Comentarios

  • María Gómez Rodríguez

    Hola Silvia o igual que ti eu tamén penso que un bo docente é aquel que se preocupa polas necesidades dos deus alumnos e non se limita simplemente a darlles contidos e mais contidos curriculares , sen importarlle que non todos os alumnos sexan capaces de acceder a eles.

  • iris

    Hola Silvi!! pues la verdad es que el profesor es aquel que tienen en cuanto a sus alumnos detectando sus necesidades y comprobando que no todos los alumnos son iguales.