Primeira entrada do blogue

Boas a todas e todos,

dispoñome a facer a miña primeira entrada no blogue, xa sei que levo retraso, pero penso que aínda podo recuperar o tempo perdido. A verdade é que esta nova forma de traballo, fai que a xente que non podemos asistir a clase, se nos faga todo un pouco máis complexo, polo que agardo que todo o que vaia subindo ao blogue sexa de interese, e que entre todas e todos vaiamos contruíndo o camiño nesta asignatura de asesoramento.

As miñas entradas no blogue van ter o seguinte fío condutor:

  • Actividades solicitadas na clase.
  • Reflexións e busca de información sobre os obxectivos e contidos do programa
  • Reflexións acerca da educación, poñendo o acento nas primeiras idades das nenas e nenos.

Agardo que o que vai subindo sirva de axuda para todas e todos.

Que comece o camiño!!!!