Marta Vázquez Torre

A nivel profesional considérome unha persoa traballadora, tenaz e entusiasta, este último adxectivo esixe o requisito de que se brinden as circunstancias necesarias para espertar o meu interese e motivación.

¿Cómo funciona la educación en Finlandia?

En relación con mi anterior publicación en el blog os dejo este vídeo en el que se realiza un recorrido por un centro escolar de Finlandia.

Es interesante fijarse en diferentes aspectos, tanto visuales como comunicativos. Así, por ejemplo, llaman la atención las instalaciones, los recursos,...tanto dentro como fuera del aula. Por otra parte, analizando la conversación veremos como se enumeran elementos tan relevantes para el éxito de cualquier modelo educativo como: relaciones reales entre profesores y administradores, tamaño reducido de los cursos, sistema en el que se dan facilidades y apoyo, aprendizaje favorecedor de experiencias, infraestructuras creadas para el alumnado, profesores tratados como profesionales, docentes apreciados, excelente educación para formar profesores, orgullo de la comunidad en relación a la enseñanza, los profesores no sólo enseñan- 20 horas semanales (tienen otras obligaciones: desarrollo del currículum, entrevistar al alumnado, hablar con las familias,...- a lo que dedican el resto del horario), los profesores/as tienen su propio espacio, integración entre contenidos (cocina, artes, música, industria, cálculo, enfermería,...), integración entre tecnología- interacción humana y libros de estudios, no hay un modelo para todo, comunicación y diálogo dentro de la comunidad, gente comprometida en resolver problemas, conversaciones basadas en la ayuda a los niños/as,...

Detenerse en cada una de estas afirmaciones y reflexionar sobre ellas puede ser un ejercicio interesante de cara a  las tareas de asesoramiento y profesorado, y lo que las mismas pudiesen significar en un centro educativo.

Sin más, os dejo el vídeo:

image

Comentarios

  • Patricia Da Silva Nieto

    Tras ver o vídeo, que me pareceu moi ilustrativo, gustaríame reflexionar sobre algúns aspectos:

    • O término que ti misma señalas de relacións reais entre profesorado e administradores, que ben señala no texto. Considero que é sumamente importante que as relacións profesionais sexan consideradas como necesarias polos profesionais dos centros, pois senón quedan nun simple trámite burocrático as reunións semanais e nn se chega a profundizar en intercambios de información. A comunicación é algo chave para conseguir cambios no centro, revisando as nosas prácticas, coñecendo as prácticas dos/as compañeiros/as.
    • Profesores tratados como profesionais. E eu pregúntome, ¿A caso non son profesionais? Coido que sería esencial revisar a imaxe social que se fomenta do profesorado. Deixando a unha banda o tema vocacional que pode conlevar a labor docente, considero que eso é algo sumamente importante. Importante polo feito de que nun centro o profesorado é o que traballa directamente para o alumnado e, polo tanto, se nos interesamos inevitablemente nas melloras dos aprendizaxes do alumnado, o profesorado é primordial. Unha das problemáticas que, ao meu modo de ver, inflúe na imaxe do profesorado é o feito de considerar que o fracaso escolar do alumnado recae única e exclusivamente no profesorado, e cando falamos de éxito escolar realmente non se incentiva nin se agredece. Certo é que esa é a función principal do profesorado, pero eso non significa que nos tempos que corren non se deba revalorizar a súa figura como profesional.
    • Tamén vinculado coa revaloración da figura docente, pódese falar do orgullo da comunidade con respecto á ensinanza. Por moito que se queira, non podemos compararnos con Finlandia, e de facelo debemos ter en conta o desenvolvemento de cada un dos sistemas educativos. A nivel xeral a comunicación da comunidade cos centros escolares está bastante distante o que debemos plantexarnos máis que botar as culpas ao outro é ¿Qué pode facer cada parte para reestablecer a comunicación? É iso sen dúbida algunha pasa por sentarse a falar e conseguir non centrarse tanto nas diferenzas e nas semellanzas, no propósito común.
    • Como ben nun momento determinado mantivemos unha conversación. É extremadamente difícil separar os aspectos profesionais cos aspectos que poden acontecer na esfera persoal. As relacións profesionais teñen dunha maneira ou outra un compoñente persoal, o problema claro está en establecer límites entre unha esfera e outra da vida. Pois o importante nun centro escolar é o alumnado, e o núcleo da asesoría son os procesos de ensinanza-aprendizaxe, e nel deben centrarse todos os esforzos.
    • Tamén me parece esencial a importancia que se lle adxudica á metodoloxía. En España, o material empregado por excelencia é o libro de texto. Sabemos na actualidade que é imprescindible entender o libro de texto como un medio didáctico máis, que é necesario complementar con outro tipo de medios (recursos audiovisuais altamente motivantes, empleo de contos para a lectura, entre outros). Como asesoras e asesoras -e como ben se traballou na última sesión- esta é unha das funcións nas que temos formación para prooñer axudas e apoio ao profesorado.
  • Marta Vázquez Torre

    Ola Patricia

    Alégrame que o vídeo che suscitara tantas reflexións. Gustoume a vinculación que estableces entre os aspectos positivos do modelo educativo finlandés e a labor que o asesoramento poidese ter de cara a consecución destes elementos destacados como puntos de meta (obxectivos).

    Aínda así, tamén creo que é difícil facer unha comparación obxectiva, dado que estamos a falar de países diferentes, con traxectorias, contextos, culturas e sociedades tamén diferentes, todo o cal tamén ten a súa influenza, de feito, deben considerarse factores esenciais e determinantes. Por iso, a miña cuestión sería: podemos comparar ambos modelos educativos? e de facelo, podemos aplicar as mesmas estratexias de "éxito" a ambos contextos? 

  • Patricia Da Silva Nieto

    Como ben ti comentas, creo que non se deben comparar os modelos educativos simplemente basándonos nos sistemas educativos. É dicir, hai múltiples condicionantes que inflúen inevitablemente en ambos contextos. A nivel económico, social e cultural distánciannos moitos aspectos. Por iso, hai que telo como un modelo de referencia de boas prácticas, e aplicar algunhas das súas medidas "exitosas" ao noso contexto educativo, sempre que sean factibles e axeitadas. Un cambio en educación ten que ter por detrás unha análise dos aspectos positivos e negativos, e poñelos nunha balanza para saber se realmente son axeitados. Por iso, debemos partir do noso contexto e do noso percorrido ata este momento (de como se estivo encamiñando a educación) e a partir de agora -tendo en conta experiencias óptimas doutros sistemas educativos- intentar seguir nunha liña de cara a mellora.