"Another brick in the wall"

Gustaríame facer aquí un pequeno comentario sobre como, unha crítica ao Sistema Educativo que se elaborou no ano 1979, pode extrapolarse á nosa realidade e ao que realmente as "políticas educativas" pretenden desenvolver na nosa sociedade. 

Como mencionei anteriormente, no ano 1979, o grupo Pink Floyd, presenta a súa canción Another brick in the wall, o que ven a significar "Outro ladrillo no muro". A canción é unha crítica ao Sistema Educativo. Un sistema no que o pardigma educativo existente é o tecnocrático ou tradicional. Este paradigma caracterízase entre outras cousas, en que o alumnado adquira coñecemento, polo que o proceso de ensinanza pasa a ser un proceso industrial, preocupado unicamente polos resultados acadados e non polo alumno. Non existe a innovación nin por parte do docente nin do discente, así coma tampouco se desenvolve a creatividade nin a autonomía. 

No vídeo podemos observar claramente estas características, pois reflíctese perfectamente como o sistema educacional consiste en amoldar os pensamentos dos alumnos/as coma se fosen bloques de ladrillos. Creando así un muro ao seu arredor, do cal non poden ver máis alá. 

Un claro exemplo é cando o mestre pon en ridículo ao seu alumno diante dos seus compañeiros e compañeiras por estar escribindo unha poesía, xa que ese non é o perfil de alumno que se prentender obter dentro de ese sistema. Pois aquí o alumndo debe limitarse a escoitar e dar por válido o que o profesor explica.

Agora somos nos os encargados de facer caer esos muros e non conformarnos co que tenemos e co que está por vir. Será así como se acade esa ansiada transformación e mellora do noso Sistema educativo. 

A continuación deixo un anaco da canción e a súa tradución, a cal da moito que pensar.

We don't need no education.  (No necesitamos ninguna educación)
We don't need no thought control. (No necesitamos ningún control a nuestros pensamientos)
No dark sarcasm in the classroom. (Ningún oscuro sarcasmo en el salón de clases)
Teacher, leave the kids alone  (Profesores... dejen a los niños sólos)
Hey, Teacher, leave the kids alone! (Hey.... Profesores, dejen a los niños sólos)
All in all it's just another brick in the wall. (Después de todo no es más que un ladrillo en el muro)

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=yr5apyxku-u