Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

Asesoramento ou apoio interno e externo

O asesoramento ou apoio refírese ós procesos de axuda á mellora de axuda á meiora escolar, entendida esta como "un esforzo sistemático e constante orientado ao cambio nas condicións de aprendizaxe e outras condicións internas nunha ou máis escolas co fin de acadar máis eficazmente as metas educativas" (Miles e Ekholm, 1985). Constitúe un caso claro en canto é a emerxencia dunha nova práctica profesional, a que interroga á teoría e a obriga a construír un novo espazo de conceptualizacións e fundamentacións.

As dificultades que presenta para a súa propia definición ten que ver coa súa orixe en tanto se foi configurando a partir das novas prácticas no campo educativo e porque os profesionais que se ocuparon dela, ante a carencia de sustento teórico previo e sólido, foron construíndo modos de traballo propios, a partir das súas experiencias en outras tarefas tales como as de profesores, formadores ou orientadores.

No noso país, historicamente se deu primeiro a existencia do asesor de apoio interno, innovación rexistrada só nalgunhas institucións e na maioría dos casos carentes dunha real institucionalización e sistematización da función. Máis recentemente e en forma concominante coa “ola” de reformas curriculares estanse requerindo máis apoios externos.

Enténdese por axente ou asesor de apoio interno a aquel que é membro da institución con esa función asignada especialmente, o que significa que pode vivir de cerca as distintas situacións cotiás que se presentan, sen tempos delimitados. O maior risco considérase o da “mimetización” coa institución ou as dificultades para obxetivar o que se pretende indagar e orientar.

En contraposición, o axente ou asesor de apoio externo, provén dun lugar alleo á institución, suponse que posúe determinados coñecementos e habilidades, e é contratado para unha tarefa determinada, e por un tempo fixado de antemán.

Adoita considerarse que o apoio interno ten a priori máis posibilidades de ser aceptado polos membros do seu centro, xa que é unha figura familiar. Ten un coñecemento "profundo" do centro, da súa cultura, coñece ben as normas, forma parte da súa rede de comunicación e relacións interpersoais, e fala a mesma linguaxe, identificándose normalmente coas aspiración, valores e necesidades daquel (Havelock, 1982). En cambio, o axente de apoio externo ten a priori máis posibilidades de ser independente, de manterse á marxe da estrutura de poder e influencia da escola, de poder analizar imparicialmente o funcionamento desta como organización. Tal perspectiva colócalle nunha situación vantaxosa para introducir ou brindar novos puntos de vista, así como para funcionar como un elemento catalizador e negociador de diferentes percepcións da realidade por parte dos profesores. por outro lado, non ten que enfrontarse coa difícil tarefa de redefinir as súas relacións cos outros membros da escola ao desempeñar un rol distinto, ou de borrar, incluso, a posible hostilidade derivada de anteriores fracasos ou éxitos (Havelock, 1982)

Todo apunta a que o uso deliberado das súas respectivas posibilidades e puntos fortes, en adecuada interacción, é un bo predictor de procesos innovadores con éxito. Mais aínda, algunhas evidencias suxiren que os axentes de apoio externo teñen unha influencia positiva e perdurable só ou especialmente cando hai un axente interno que prolonga e reafirma as súas actividades no centro escolar e co que colabora estreitamente (Havelock, 1982; Louis e Rosenblum, 1981; Marx e Petri, 1988)

 

Seguindo esta liña paréceme interesante esta clasificación de Nieto e Portela das tarefas a desempeñar polos axentes de apoio interno e externo.

 

Con respecto ós axentes de apoio interno:

 

1. Continuar directamente vinculado á ensinanza na aula: ensinando, experimentando, actuando como modelo para os demais compañeiros; introducindo melloras na propia aula ou tamén na dotros compañeiros, traballando conxuntamente con eles.

 

2. Organizar e conducir procesos de revisión conxunta da práctica educativa: axudar a compañeiros a clarificar e especificar as súas necesidades e problemas, deseñar proxectos de investigación, formular propostas de acción, avaliar as accións que emprenden e reflexionar sobre as mesmas.

 

3. Supervisar e orientar individualmente a outros compañeiros.

 

4. Participar na toma de decisións sobre a liña a seguir e as modificacións que se considere necesario introducir.

 

5. Tomar parte na formación dotros profesores.

 

6. Conducir e apoiar o traballo en equipo e favorecer unha atmósfera propicia para esta modalidade de traballo.

 

7. Tomar parte en actividades de avaliación.

 

8. Facilitar recursos: localizar recursos; deseñar e construir, selecionar e adaptar materiais e programas; servir de enlace con axentes de apoio externo e outros profesores con intereses comúns.

 

 

En canto ás tareas a desempeñar polos axentes de apoio externo señalan as seguintes:

 

1. Planificación. Deseñar novos currículos, programas instructivos, materiais, instrumentos, métodos de ensinanza.

 

2. Implementación. Axudar ás escolas a implementar directrices curriculares establecidas dende instancias administrativas (sistemas centralizados); selecionar, adaptar e implementar programas dispoñibles que responden ás sús necesidades; ou desenvolver o seu propio currículo (sistemas descentralizados).

 

3. Demostración. Facer demostracións de novos programas ou prácticas de ensinanza de modo que as escolas teñan a oportunidade de observar e examinar ditas innovacións en acción.

 

4. Diseminación. Recopilar, sintetizar, transformar, diseminar información para os profesores.

 

5. Establecemento de redes. Axudar ós profesores ou escolas a diseminar os seus propios materiais ou prácticas, a relacionarse con colegas e a crear redes de intercambio e colaboración en base a intereses comúns.

 

6. Valoración de necesidades. Axudar a profesores ou escolas a valorar as súas necesidades de manera formal ou informal, ben como paso previo para facilitar a resolución dun problema ou ben para ir determinando conxuntamente sobre qué traballar e cómo ó largo da súa relación.

 

7. Investigación e análise. O seu obxectivo pode ir dende mellorar a práctica escolar ata satisfacer necesidades de nova información por parte de distintas audiencias implicadas.

 

8. Avaliación. Conducir ou tomar parte en avaliacións de distinta natureza e propósito.

 

9. Formación. Promover, planificar, conducir e supervisar actividades de perfeccionamiento na escola orientadas á aprendizaxe de novos coñecementos, habilidades, actitudes e valores a nivel tanto pedagóxico como organizativo.

 

10. Prescripción. Nalgunas ocasións, cando se fala de apoio externo exclúense tarefas puramente reguladoras que van ligadas a unha función de control,  notras óptase por incluílas baixo o calificativo de apoio.