Alba García Cabaleiro

Intentando escapar desa "Xeración perdida" que o único que quere é facer cousas, e facelas ben.

O asesoramento político

Fai uns días facíase pública a nova de que 68 dos 245 asesores que ten o presidente do goberno Mariano Rajoy, non teñen o graduado escolar. Pódese ler a noticia completa aquí.

O asesoramento no ámbito político é un dos que máis controversias xera, tanto polo "ocultismo" en torno ás persoas que ocupan ditos cargos como pola que é considerada unha cantidade excesiva de asesores por cargo público. Pois ben, esta noticia o único que fai é poñer máis en entredito o papel e a lexitimidade dos asesores políticos. Señalan neste blog que é, cando menos, curioso o contraste que provoca esta noticia cos chamados "efectos colaterales" da crise actual: mentres que Rajoy se deixa asesorar por 68 "expertos" (non se sabe en qué) que non teñen nin o graduado escolar, aumenta o número de xóvenes con estudos universitarios en postos de limpeza.

Unha nova para pensar...