• Blogs
  • Silvia
  • Enseñar na sociedade do coñecemento. Andy Hargreaves

Enseñar na sociedade do coñecemento. Andy Hargreaves

Buscando información sobre a que poder falarvos e á vez aprender, apareceu un artigo do autorAndy Hargreaves, que se recordades falamos moito sobre él nas clases, unha das mentes mais lúcidas do panorama educativo.

E precisamente, tamén na clase comentaramos sobre o triángulo que se producía entre " catalizadores, contrapuntos e víctimas " que representaba a figura do docente no ámbito educativo.

Pois ben, para Hargreaves, os docentes encóntranse atrapados nun triángulo infernal de ser ao mesmo tempo, catalizadores da sociedade do coñecemento, víctimas de esa mesma sociedade e de ter que ser contrapuntos para contrarestar os perigos que comporta a formación da cidadanía.

Como catalizadores deben intentar facer das escolas organizacións de aprendizaxe na que as capacidades para aprender, así como as estructuras que sustentan a aprendizaxe e que responden de maneira constructiva ao cambio, estén extendidas tanto entre os adultos como nos nenos. Enseñar na sociedade do coñecemento supón cultivar novas capacidades como poden ser : desenvolver un aprendizaxe cognitivo profundo, a creatividade e a investigación, traballar en redes e equipos, promover a aprendizaxe profesional contínua dos profesores, a resolución de problemas, o compromiso para a mellora contínua das organizacións, etc...

A mellora na comunidade educativa non pode segregarse do desenvolvemento profesional. Perseguir esta mellora supón potenciar o desenvolvemento profesional e persoal do profesorado. Este desarrollo deberá ser axeitado ao grado de formación de cada docente, e sobretodo, ao centro no que traballa, para que non leve a un desenvolvemento diferencial.

Como catalizadores é inevitable enseñar para a sociedade do coñecemento, pero tamén educativamente, para non ser víctimas, é imprescindible ir mais alá de ela. No contexto actual de acelerados cambios, toda unha nova xeración está empezando a enseñar e dará forma á profesión durante as próximas décadas. Non se pode permitir que esté desprovista de unha visión mais ampla, nin que os formadores dos docentes e os representantes do goberno conspiren en contra de ésto. Comprometernos con esta sociedade do coñecemento e as súas consecuencias humanas supón facer da docencia unha nova misión social e unha profesión creativa e apasionada.

Ademais, deixovos unha cita tamén de este autor que me gustou especialmente : " Si las escuelas deben convertirse en comunidades de conocimiento reales para todos los estudiantes, entonces la enseñanza debe convertirse en una verdadera profesión de aprendizaje para todos los docentes." Andy Hargreaves.

http://phobos.xtec.cat/professoratnovell/index.php?view=article&catid=12%3Areferencies-bibliografiques&id=76%3Aensenar-en-la-sociedad-del-conocimiento&tmpl=component&print=1&page=&option=com_content&Itemid=49