• Blogs
  • Leti
  • Sesión do 7 de novembro: técnica das 3P

Sesión do 7 de novembro: técnica das 3P

Por Leti

TÉCNICA DAS 3P:

Esta técnica consiste no cuestionamento de tres preguntas, as cales vou ir respondendo coa miña opinión persoal a medida que as nomeo.

1.       Que actuacións observamos que definiriamos como asesoramento curricular?

Pola miña vivencia persoal podo falar de dúas situacións concretas que definiría como asesoramento curricular. A primeira delas trata da adaptación dunha A.C.S. (adaptación curricular significativa), e é que durante a miña estancia de prácticas puiden asistir a varios reunións da orientadora coa titora dunha nena de primaria que o curso anterior non conseguiu alcanzar os obxectivos marcados coa A.C.S. que lle habían feito, e entón decidiuse facer unha pequena modificación para adaptala máis as características e necesidades da nena, que se atopaba moi por debaixo do que se lle estaba “pedindo”.

A outra situación que definiría como asesoramento curricular é a realización, de xeito colaborativo por parte dunha mestra e da orientadora do centro, de actividades adaptadas ás características dun alumno que presentaba dificultades de lectorescritura.

2.       Como poden asesorar sobre o curriculum quenes non son especialistas nun ámbito curricular?

No meu caso, aínda que non creo ser “especialista” no ámbito curricular considero que, debido á miña formación de maxisterio, si que teño unha formación que me pode axudar e servir para desenvolver asesoramento curricular.

Ademais, penso que para poder desenvolver esa acción é máis funcional a experiencia que os coñecementos, e é que moitas veces ese asesoramento pode ser realizado máis axeitadamente por alguén que leva toda a vida impartindo clase que alguén que posúe moitos coñecementos teóricos sobre o curriculum pero que nunca traballou con el.

3.       Que saberes sobre o curriculum posúen os psicopedagogos na súa formación como tales e cales deberían poseer?

  • Que sabemos? Teoría sobre o curriculum como documento (lexislación, tipos, fontes, graos de apertura, niveis de concreción, elementos, …).
  • Que debemos saber? Dende o meu punto de vista durante a carreira é necesaria máis práctica, saberes instrumentais, coñecemento aplicado.