• Blogs
  • ...
  • O estrés laboral e o malestar docente

O estrés laboral e o malestar docente

Hoxe falarei sobre un tema que foi tratado na clase e sobre o cal se formou un gran e productivo debate: o estrés e o malestar docente, e as posteriores baixas médicas que supoñen no sector do profesorado.

Estrés laboral docente

Para comezar, gustaríame destacar o contexto particular no que ten lugar esta situación, un contexto no que se está producindo unha crítica xeralizada por parte da sociedade hacia o sistema educativo, o que ten unha consecuencia directa sobre os docentes: a caída da imaxe social dos mesmos. E é que a pesar da evolución que o sistema educativo experimentou o longo das últimas décadas, os profesores non teñen o recoñecemento que merecen, tendo na actualidade unha consideración bastante negativa por parte da sociedade.

Esta imaxe social que os profesores posúen, é un dos motivos do posterior estrés e malestar docente, pero non o único, xa que podemos destacar os seguintes:

  • A cantidade de traballo que se lles require que é superior as súas posibilidades, xa por falta de tempo ou exceso de tarefas.
  • A sobrecarga de tipo emocional. Desde o meu punto de vista este é un dos factores que máis desgastan da profesión docente, xa que é unha profesión que require un continuo contacto con persoas (principalmente nenos e persoas xóvenes), o que supón unha enorme sobrecarga emocional.
  • A ambigüedade na que o profesor non ten claro o seu rol como docente, é dicir, que é o que se espera del.
  • Conflicto de roles debido á percepción de instruccións que son contradictorias ós seus cometidos laborais.
  • Falta de apoio social por parte dos compañeiros e a escola.
  • Falta de coordinación para o traballo en equipo.
  • Desmotivación, apatía e indsiciplina por parte dos alumnos. Este é, pola miña experiencia como alumno, un dos motivos principais do malestar docente e do seu estrés laboral, xa que é moi difícil para un profesor manter unha clase na que un certo número de alumnos se caracterizan pola súa indisciplina ou a súa posición contraria ó profesor, xa que pode levar a unha perda da personalidade e da autoridade do mestre, facendolle perder o control da clase.
  • Obstáculos técnicos como problemas no material didáctico ou erros e averías na infraestructura ou instalacións.
Estes son os motivos que levan a un profesor a sufrir de malestar e estrés, o que pode desencadear nun problema psicolóxico como pode ser unha depresión ou síndrome de Bournout, xa que non tódalos mestres teñen a fortaleza e os medios para sobrepoñerse destas situacións.
 
Ademais, o estrés laboral que sufren os docentes pode desencadear outro tipo de consecuencias:
  • Pérdida de ilusión profesional.
  • Auméntase o esforzo, o que fai que aumente a súa sensación de estrés.
  • Aparece irritación, tensión ou medo incluso a compañeiros e alumnos.
  • Pensan esaxeradamente sobre as súas limitacións e teñen medo a que sexan percibidas polos seus compañeiros.
  • Sentimento de desvinculación dos compañeiros e do centro de traballo.
  • Sentimento de depresión ó rematar a xornada laboral.
  • Incapacidade de facer fronte a problemas de indisciplina.
Despois de falar das causas e das consecuencias do estrés que poden chegar a sufrir os docentes na actualidade, gustaríame rematar falando do tema das baixas médicas que sufren. No debate que se realizou na clase ocuparonse dúas posturas principais: unha que defende os problemas que sufren na actualidade os profesores e outra que se opoñía a estes problemas e as posteriores baixas médicas. Non me gustaría a min desprestixiar ningunha das dúas posturas, xa que despois do falado na clase as dúas posturas foron ben argumentadas, pero despois do falado nesta entrada, situaríame nunha posición de defensa das baixas médicas que sufren os profesores por estrés laboral (sempre e cando estean ben xustificadas). É moi fácil ver este problema desde fóra e desprestixialo, pensando que non se trata dun problema físico, polo tanto non require unha baixa médica, ou que o profesor ten que saber controlar este tipo de problemas; pero cando se coñece o actual sistema educativo desde dentro, os seus alumnos, a súa situación social, os seus pais... é moi comprensible que moitos profesores se sintan sobrepasados pola súa profesión e polo tanto sufran de malestar docente e de estrés laboral, xa que a profesión de docente na actualidade, non será unha profesión que desgaste fisicamente, pero si que é unha das profesións que maior desgaste moral e psicolóxico supón nos seus profesionais.
 
 
A información para a elaboración desta entrada foi extraída de:
 

http://www.estres.edusanluis.com.ar/2010/12/estres-docente.html