A docencia, ¿ profesión ou oficio?

.

Dende a perspectiva de un gran sociólogo da educación como é Musgrave ( 1983), hai seis rasgos que nos dán resposta á pregunta plantexada de si a docencia é unha profesión ou un oficio.

1. O cliente descoñece unha seri de información que o profesional domina. De aquí sale a necesidade de consultar calquera dúbida aos profesionais.

2. O profesional ten formas moi ben establecidas de controlar o seu ingreso de acordo ao esforzo esixido polo cliente. Unha tarea fundamental da profesión docente é adecuarse ao esforzo esixido polo cliente ( alumno/a ).

3. O profesional dispón de un código de conducta que regula a súa relación co cliente.

4. A profesión ten ampla liberdade de cambio de certas limitacións como o código de conducta.

5. Os profesionais teñen asociacións para reglamentar o acceso e exercicio académico dos seus membros, sempre co obxetivo de mellorar o nivel da profesión para cumplir mais plenamente as súas obrigas coa sociedade.

6. As condicións de traballo son establecidas polos mesmos profesionais.

Pois ben, aínda que cada un de nós poidamos ter a nosa opinión sobre esta pregunta, o certo é que non hai unha resposta clara sobre este tema. A maioría de autores coinciden en que a docencia sería un oficio que debería transformarse en unha profesión.

Eu sobre este debate non teño unha resposta clara, posto que ambos conceptos se poden entender dende distintas visións, e por tanto non ten porque darse unha única resposta como boa ou correcta.

Para min a docencia é das poucas profesións que se debe exercer por vocación, e non como resultado de outras causas externas a ela. Pois só aqueles docentes que disfruten e se sintan realizados ensinando, serán capaces de transmitir aquelo que sinten, e facer un traballo productivo.

E para vós, a docencia debe verse como una profesión ou como un oficio? Espero as vosas respostas.

http://www.praxis.edusanluis.com.ar/2010/03/profesion-docente-profesion-cuestionada.html