Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

Asesoramento curricular a centros e profesores

14 de novembro. Traballando pola educación pública

Bos días prezadas e prezados estudantes:

Hoxe máis que nunca, en presencia ou a golpe de clik, os dereitos e deberes de todos nos a ter a mellor educación posible, obrígannos moralmente a comprometernos co noso traballo como estudantes e profesora dunha universidade pública.

Hoxe, mais que nunca, manteñamos alto o pabellón da confianza en nos mesmos, como persoas comprometidas cos saberes sobre educación, como estudantes, profesores, asesoras e asesores do futuro. Na miña perspectiva, iso significa que non nos conformamos con calquera cousa, senón que aspiramos e traballamos, un día sí e outro tamén, en acadar os niveis máis altos de compromiso coas nosas obrigas como universitarios e como ciudadanos e ciudadanas dunha sociedade que queremos inclusiva.

Hoxe máis que nunca, traballemos por facer crecer a nosa conciencia crítica, alimentándola con contidos valiosos, aprendendo a fundamentar as nosas prácticas, ollando máis aló do que é perceptible, indagando polos porqués das cousas.

Hoxe máis que nunca, poderíamos facer que a construcción social da historia de vida que dada un conta na elaboración do portafolio na nosa rede social, esté teñida de responsabilidade, optimismo e esperanza. Complexo e apasionante é o mundo que nos toca vivir.

Hoxe, mais que nunca, "debemos aprender a navegar en un océano de incertidumbres a través de archipiélagos de certezas", en palabras de Edgar Morin (2000) en su obra Los siete saberes necesarios para la educación del futuro.

Saúdos afectuosos

Lourdes

 

Comentarios

  • Alicia Nimo

    Boas tardes Lourdes

    Dúas palabras destacan fortemente neste discurso no que á miña persoa respecta: optimismo e esperanza. Cos tempos que corren e cos que se aveciñan plantexar o meu futuro, especialmente como mestra, e o futuro do meu neno e os meus alumnos con optimismo e esperanza plantéxame un grandísimo reto. Recollo o reto para facer un esforzo nese senso nas miñas valoracións.

    Un saúdo

    Alicia