EDUCACIÓN PÚBLICA PARA TODOS

Non é novidade que hoxe, 14 de novembro, estamos asistindo a unha folga xeral que trata de parar este declive no que estamos avanzando, e do que nos vai costar sair. Creo que todos deberiamos estar nesta folga, e cando digo todos, inclúo dende os nenos ata os anciáns, xa que tanto peligra a educación dos primeiros como a saúde dos segundos, entre outros moitos aspectos.

Penso que a unión de todo o pobo sempre foi moi boa, xa que se poden obter bos resultados, pero coa que está caendo non todo o mundo se pode permitir o luxo de non cobrar o día de hoxe, pois quen é o que non ten un ou varios membros da familia en paro. Aínda así, credes que con un día é suficiente?

Según podo comprobar, as primeiras noticias están dicindo que a folga foi dun 90% no que se refire ó alumnado da universidade, que vos parece iso, é suficiente ou non? Creo que debería ser do 100% en toda a educación, por non dicir do 150%.

image

Só desexo que alguén lle busque solución a esto, e todos podamos volver canto antes á normalidade, sen esta tensión que hai no ambiente e que está a afectar psicolóxicamente a moitos.

Que será dos universitarios cando acaben as súas carreiras? Terán traballo? Por non dicir dos nosos fillos, xa se está pretendendo que non teña una educación coa que defenderse na vida, pero chegarán a traballar na súa adultez?

Queda moito que reflexionar e moito por avanzar.