14N , folga xeral.

Por Silvia

Idesme perdoar que hoxe non trate outro tema, pero quizais a veces cabe mais aprender " a ser " que aprender " a facer".

Como en toda folga, ou folga xeral, os nosos antepasados loitaron pola liberdade de elección que cada un de nós temos para decidir que queremos facer. Foron moitos quenes hoxe optaron por unirse á manifestación, e outros tantos que decidiron acudir ao seu traballo/ estudar.

O que non chego a entender é o porqué si se respeta a xente que fai folga, non se fai o mesmo con quen non a fai. Por qué un comerciante non pode abrir a súa tenda? por qué os piquetes impiden o transporte dos nenos aos colexios? por qué son chamados piquetes informativos, cando a realidade é que mais que informar, só ameazan...

Non quero que nadie se sinta ofendido coa miña opinión. A min tamén me afecta a mesma crise que a todos, pero para min facer unha folga cada 2 meses non é a solución, e insultos, gritos e ameazas entre a sociedade por ter diferentes opinións sobre este tema, tampouco é a solución.

Antes de tentar solucionar a crise, aprendamos a defender eses dereitos que tanto nos costaron conseguir, e que tan pouco se respetan : LIBERDADE DE EXPRESIÓN E LIBERDADE DE PENSAMENTO.