• Blogs
  • Pablo
  • Película sobre o sistema educativo "La educación prohibida"

Película sobre o sistema educativo "La educación prohibida"

Por Pablo

Ola, 

quero compartir con todos e todas unha película documental arxentina sobre o sistema educativo. Estrenouse en agosto de 2012. Esta baseada en diversas experiencias educativas non habituais (como a educación libertaria, montessori, waldorf...), en España e América Latina.

Nestes momentos de descontento social e de reclamo dos nosos dereitos, compre botar a ollada cara o sistema educativo e decir en voz alta que non estamos a ir polo bo camiño. É o momento de mirar pola infancia, e de esixir  outro sistema que teña en conta outras formas de facer, que prime os intereses dos nenos e nenas e non dos adultos, que sexa motivante, que teña un profesorado reciclado e motivado, que teña en conta e de cabida a familia... en definitiva, construir unha escola diferente.

Esta película da ideas de que outra educación é posible. Este é o enlace:

http://www.educacionprohibida.com/

Eu apuntome, a este movemento, outra educación á posible!!! fagamos entre todos e todas que outras metodoloxías educativas deixen de ser prohibidas.

Un saúdo