Prácticum II: Final das prácticas

Unha vez rematadas as prácticas, considero necesario facer un achegamento final o proceso que levei a cabo  dende a primeira entrada na que describía as primeiras actividades.

O meu proceso formativo proseguiu unha evolución constante e posteriormente as actividades desenvoltas nos primeiros días, comecei a tomar maiores responsabilidades e levar a cabo actividades de xeito máis individualizado e persoal que axudasen o grupo de traballo da Escola Galega de Consumo a conseguir os diferentes obxectivos.

Cabe destacar nesta segunda parte do proceso dúas actividades fundamentais. Como primeira actividade tiven a oportunidade de evolucionar no meu traballo ca formación online e dar forma eu mesmo a un curso no Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA), pertencente a Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) e dentro dos cursos relativos o AMTEGA (Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia).

Este curso é similar o que mencionei na primeira entrada referida o Prácticum, pero varían os destinatarios. Trátase dun curso de formación específica no Simulador de Compras para voluntariado dixital e axentes TIC, cuxa creación levei a cabo en colaboración cunha das técnicas da Escola Galega de Consumo. A miña labor centrouse en dar forma o curso na plataforma e establecer o módulo que se ia levar a cabo de xeito online. Para dar forma o módulo tiven que seleccionar documentación referente a comercio electrónico, xa que esta íase tomar como base para a formación no Simulador de Compras que se levaría a cabo posteriormente de xeito presencial na Escola Galega de Consumo.

Por outra banda a outra actividade que centrou as miñas prácticas foi o proxecto de intervención. Ante o análise de necesidades realizado no Prácticum I, puiden detectar que debido os tempos que corren e as dificultades económicas da poboación, dende a Escola Galega de Consumo poderíase levar a cabo unha iniciativa de carácter educativo relacionada ca poboación que sofre a crise de xeito máis profundo. Despois de facer diversas reflexións e tratala idea cas profesionais da Escola Galega de Consumo xurdiu a posibilidade de levar a cabo un proxecto que tivese como punto central o consumo responsable.

A súa base sería a formación de formadores posto que  centrarase en formar o persoal voluntario procedente de distintas ONG en materia de consumo responsable para que poidan impartir os diferentes obradoiros. Mediante a formación que impartan os voluntarios preténdese axudar a todas aquelas familias que sofren a crise máis de preto e achegalas a diversas ferramentas para que adquiran novas habilidades, que lles permitan reaxustar o seu presuposto e obter o maior rendemento posible.

Debo destacar neste punto, que o que máis satisfacción me causou foi coñecer que o proxecto final exposto vaise levar a cabo de xeito inmediato e no cal posiblemente poderei seguir participando.

Xa para concluír, debo dicir que neste tempo tiven a oportunidade de vivir grandes experiencias que permitíronme enriquecerme tanto dende un punto de vista profesional como persoal.

Mediante todo este compendio de actividades, tiven a posibilidade de adquirir gran cantidade de coñecementos e traballar múltiples competencias. Cabe destacar neste punto, que a miña formación no ámbito e-learning resultaba escasa e mediante estas prácticas puiden formarme en múltiples aspectos sobre dito ámbito.

Polo tanto e xa para rematar, todo o que destaco do proceso de prácticas é positivo xa que complementou a perfección a miña formación e permíteme mirar ó futuro profesional con ilusión e optimismo.