• Blogs
  • ...
  • Formación do Profesorado en TIC

Formación do Profesorado en TIC

Hoxe falarei dun aspecto que segundo o meu punto de vista supón un punto de gran importancia, por non decir o punto principal, na formación do profesorado na actualidade: a formación do profesorado en TIC.

Para comezar, gustaríame falar do grado que o profesorado ten para incorporar as TIC na súa actividade docente, segundo certas investigacións (Cabero, 2000a, b e c; Fernández e Cebreiro, 2002; Guzmán, 2002; Cabero, 2003) que no seu momento ofrecen os seguintes datos:

  • O profesorado mostra un gran interese por estar formado para a utilizacións deste tipo de instrumentos didácticos.
  • Os profesores cren que non se atopan capacitados para utilizalas TICs que teñen a súa disposición nas institucións educativas.
  • O seu coñecemento é inferior para a súa utilización didáctica e para o deseño de mensaxes coas TIC's, que para o seu manexo técnico.
  • A súa capacitación é menor nas que poderíamos considerar como novas tecnoloxías, que naquelas cunha presencia más tradicional nos centros educativos.
Está claro que na actualidade vivimos nunha sociedade da información e do coñecemento, que cada vez está máis dixitalizada, polo que desde o meu punto de vista, un dos aspectos fundamentais sobre os cales hai que traballar para poder adaptarnos con maior rapidez a estos cambios actuais, é a formación do profesorado en TIC, incidindo desde a formación inicial dos que serán futuros profesores, ata a formación permanente que permita actualizarse, modernizarse e adaptarse ós actuais profesores ás novas necesidades.
 
Esta formación en TIC, debe de asumir o desenvolvemento de competencias ó menos en catro dimensións: instrumental, cognitiva, actitudinal e política.
  • Dimensión Instrumental: é a relativa ó dominio técnico da tecnoloxía (hardware e software).
  • Dimensión cognitiva: refírese á adquisición de coñecementos e habilidades que permitan buscar, seleccionar, analizar, comprender e recrear toda a información á que as novas tecnoloxías nos permiten acceder (empregar a información dunha forma significativa).
  • Dimensión actitudinal: referente ó desenfolvemento dos valores e actitudes hacia a tecnoloxía que impidan caer nin nun posicionamento de fobia á tecnoloxía nin de aceptación acrítica da mesma.
  • Dimensión política: relativa á toma de conciencia sobre a influencia da tecnoloxía e a súa non neutralidade. A tecnoloxía incide de xeito significativo na forma na que interactuamos co entorno, entre as persoas. Incluso modifica o xeito no que realizamos algunhas actividades cotiás ou exclúe desde circuito a persoas que por diversas razóns non poden acceder a elas.
Ademais, esta formación do profesorado en TIC é indispensable xa que hay algo no que todos deberíamos de estar dacordo, e iso é que é innegable que as TICs desempeñan un papel positivo no desenvolvemento das tarefas de ensino-aprendizaxe. Entre as posibilidades que nos ofrecen as TIC gustaríame destacar as seguintes:
  • Eliminar as barreiras espacio-temporais entre o profesor e o estudiante.
  • Flexibilizar o ensino (tempo, espazo, ferramentas de comunicación e códigos cos que os alumnos desexen interaccionar).
  • Ampliar a oferta formativa para o estudante.
  • Favorecer a creación de escenarios tanto para a aprendizaxe cooperativa como para a autoaprendizaxe.
  • Potenciar a aprendizaxe ó longo de toda a vida.
  • Favorecer a interacción e interconexión dos participantes na oferta educativa.
  • Adatpar os medios ás características dos diversos suxetos.
  • Axudar a comunicarse e interaccionar co seu entorno a suxetos con necesidades educativas especiais.
  • Romper os clásicos escenarios formativos, limitados ás institucións escolares.
  • Ofrecer novas posibilidades para a orientación e a tutorización dos estudantes.

 

Agora, enlazarei un vídeo do profesor Jordi Adell da Universidade Jaume I de Castellón, no que fala sobre a formación do profesorado en TICs: 

Neste vídeo, o profesor Jordi Adell fala dos dous momentos de formación polos que pasa o profesorado en relación ás TIC: a formación inicial e a permanente. En canto á formación inicial é fundamental que os profesores das universidades non caian no erro de falar das TIC desde un punto de vista simplemente teórico, senón que as empregen nos seus procesos de ensino. Polo que se refire á formación permanente existe unha preocupación por adquirir formación neste ámbito, aínda que hai profesores e profesoras que non ven a necesidade e incluso o ven como un problema, mentres que é a solución a moitos problemas do sistema educativo tradicionalista que existe.

Ademais, a formación do profesorado non se debe de centrar soamente no manexo da tecnoloxía, senón no uso didáctico da tecnoloxía. Isto é algo co que estou totalmente de acordo, xa que parece que a solución, incluso que ofrecen moitos cursos de formación para profesores é a de eninar a traballar coa tecnoloxía desde un punto de vista técnico, cando é máis importante que aprendan a empregar didácticamente a tecnoloxía.

 

Xa para rematar, gustaríame dicir que desde o meu punto de vista, a situación actual da formación en TICs dos profesores, segundo a miña experiencia no sistema educativo, é xeralmente mala, xa que a maioría dos profesores non consideran as novas tecnoloxías como unha ferramenta de gran importancia para mellorar proceso didáctico, e moitos outros a penas saben empregalas. Ademais, as experiencias vividas nas que empreguei as TICs no eido educativo como pode ser a andadura por Stellae nas dúas materias da universidade, ofrecen unha nova forma de aprendizaxe, unha aprendizaxe en rede na que o conectivismo favorece actitudes como poden ser a búsqueda e selección de información, así como o tratamento da información para volver a ser ofrecida á comunidade ou os compañeiros, o que propicia que o alumno seixo dono do seu proceso de aprendizaxe.

 

A infomación para a elaboración desta entrada foi extraída de:

http://www.razonypalabra.org.mx/n63/abosco.html

http://tecnologiaedu.us.es/cuestionario/bibliovir/jca11.pdf