Modelos de asesoramento


Todo asesor psicopedagóxico parte duns modelos de intervención máis ou menos claros e explicitados. Estes modelos difiren entre sí e poden definirse por tres características básicas.

Por unha parte, a finalidade básica e prioritaria da intervención; outro aspecto diferencial é o marco teórico que empregan como soporte e marco de referencia para a reflexión e a actuación; e en terceiro lugar, o marco da intervención e, dunha maneira especial, a dependencia e situación do psicólogo ou pedagógo respecto á institución.

imageTendo en conta a finalidade e os obxetivos da intervención, hai distintas opcións. Hai quen considera que se trata de axudar a resolver os problemas que a escola plantexa. Neste caso, o asesoramento plantéxase sempre como a resposta que se da a unha demanda concreta, e a relación que se establece é parecida á dunha consulta, tal e como o plantexa Elsie Osborne (Osborne, E. 1990). Noutro extremo, a finalidade básica da intervención enténdese como unha colaboración coa institución escolar e os seus compoñentes, coa finalidade de previr posibles problemas e, en definitiva, para mellorar a calidade da ensinanza e a educación escolar. Dende este punto de vista, óptase por unha implicación e compromiso maior coa escola e o seu funcionamento. Non se trata de intervir só cando hai unha demanda de axuda para solucionar determinados conflitos, senon que o profesional tamén se considera, en certa maneira, parte da escola pois colabora na detección de posibles problemas, fai propostas cando o cree necesario e oportuno e corresponsabilízase cos ensinantes en determinados aspectos e ámbitos da institución.

O segundo aspecto que condiciona e determina o modelo de intervención é o marco teórico que se emprega para interpretar os feitos, problemas e realidades cos que se traballa. Este marco constrúese a partir das distintas fontes epistemolóxicas, teóricas e esquemas de interpretación da realidade que o asesor posee.

O terceiro factor que determina e influe no modo e nas posibilidades de intervención é o marco no que se intervén e, máis concretamente, a ubicación e a relación institucional que o asesor ten dentro da escola, é dicir, a relación que hai entre o sistema escola e o “sistema asesor psicopedagóxico”, xa sea este un só profesional ou un profesional que forme parte dun equipo.

O asesor psicopedagóxico defínese como un profesional que colabora co centro educativo para mellorar a súa actuación e ensinanza. O seu relativo distanciamento e punto de vista, por unha parte dentro e por outra fora da institución, permítelle ter unha visión máis global dela e poder facer un análise máis amplo e complexo dos diversos factores que interveñen no feito educativo. Por outra, a súa formación en aspectos psicolóxicos e pedagóxicos aporta á escola unha maior riqueza e coñecemento, sempre que ésta esté disposta a aceptala e que él teña a suficiente credibilidade para saber ofrecela.

Neste contexto, os centros educativos deben actuar como comunidades de aprendizaxe comprometidas cos procesos de mellora, que atopan auto-solucións e propostas e, dende elas, toman as súas decisións. A escola pode xerar coñecemento e, baixo certas condicións, aprender (Bolivar, 2000). A clave está, pois, en como lograr que os problemas cotiás se afronten no seno de potentes comunidades profesionais de aprendizaxe que buscan o bo aprendizaxe para todos. Para iso é fundamental xerar e dinamizar prácticas que “desenrolen capacidades e compromisos” nos procesos colectivos de autorrevisión e mellora. Para que un cambio tan potente cara o básico, cara unha “educación pública e de calidade para todos” (Escudero, 2002) sexa sostible e “interiorizado”, hai que tomalo como referente e recorrer o camiño dende unha óptica freireana de utopías realizables, buscando a implicación do profesorado e as comunidades sempre dende o sentido común e a relavancia, con optimismo e de maneira significativa, nun accionar pleno de colaboración, prudente e perseverante. Isto é obvio pero duro de asumir na práctica. A asesoría debería despregar unha visión alternativa, ideolóxica, estratéxica e dialéctica en torno a procesos de mellora e (auto)revisión da práctica, nos que os asesores asumen o papel de colegas críticos, que escapan da posibilidade de facerse infalibles.