Prácticum II : práctica. Parte 2

Na entrada anterior, falei das culturas profesionais da institución na que realicei o meu prácticum; e hoxe vou a falar de outros tres puntos bastante importantes na miña estancia alí.

.

En primeiro lugar, falarei das tecnoloxías, e do papel que éstas xogan dentro da institución. Cada aula conta con un proxector e unha pizarra dixital para uso tanto de alumnos como de profesores ; así como un ordenador con acceso a internet, que os alumnos utilizan para aprender a investigar aquelas cousas que lle interesan, sempre coa supervisión da titora.

Ademais, o centro conta con varios mobles que contan con unha TV e un DVD para que solicitándoo previamente, cada titor poida facer uso dela na clase.

.

En segundo lugar, falamos do proceso de planificación, desenvolvemento e avaliación da formación. Ao tratarse dun colexio público, a planificación lévase a cabo coa elaboración da Programación Xeral Anual para todo o colexio, ademais dos Programas Educativos adaptados a cada curso. En ambos recollense tanto as actividades lectivas como as que van a complementar a programación de cada curso, así como os recursos humanos e materiais que se van adicar a cada unha de esas accións.

Para que estas programacións se adapten ao alumnado e teñan os resultados que se esperan, o profesorado reúnese todos os martes polas tardes no centro, non só entre eles, senón tamén coas familias para poder facer modificacións, sempre co fin de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe. Ademais de esta avaliación interna, tamén se realiza unha avaliación externa levada a cabo pola Inspección Educativa, que permite conocer a calidade do ensino.

.

En último lugar, falarei sobre a miña institución de prácticum como un lugar idóneo para a aprendizaxe. Normalmente adoita darse por suposto que calquera institución educativa debe ser idóneo para a aprendizaxe, pero quédase nunha suposición, pois non sempre se dan as circunstancias para que esto sexa así. Dende logo, no meu caso sí podo decir que a institución é idónea para a aprendizaxe tanto de profesores como de alumnos. Os alumnos contan ademais de ca Programación Xeral e a Programación de Aula, con un plan adaptado ás características individuais de cada alumno, para poder reforzalo nos seus puntos débiles no proceso de enseñanza e motivalo nos mellores para que continue así.

Os profesores fomentan no alumnado unha actitude de colaboración e traballo en equipo que os nenos perciben, e ademais dos contidos teóricos, neste colexio priorizan as enseñanzas sobre " saber ser " e non tanto sobre " saber facer"; pois é mais importante enseñar a que os nenos medren sabendo socializarse e comportarse en cada momento de acordo ao contexto no que se atopen, e non tanto sobre que sepan uns contidos teóricos que non sepan poñer en práctica.