Conclusións sobre a LOMCE

Despois do visto hoxe na clase, e tras facer unha análise da LOMCE, penso que estes son os puntos más destacables a ter en conta cando tratamos este Anteproxecto da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa:

- Probas en 3º e 6º de Primaria. As primeiras serán de carácter externo, sobre contidos lingüísticos e matemáticos. Se non son superadas, deberase repetir surso ou participar nun programa de reforzo. En 6º, estas probas serán de caracter interno, de tipo orientativo e informativo.

- Centros con autonomía pedagóxica. As competencias, contidos e criterios de avaliación ponos o Estado.

- TIC's como ferramenta de apoio.

- Fomento do plurilingüismo.

- Desaparición do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais.

- Reválida en 4º da ESO para o acceso a bacharelato (con caráctere externo).

- O director debe estar formado, realizar proxectos e ter recoñecemento de méritos.

- Implantación da LOMCE no cambio de ciclo.

- Formación Profesión Básica, podendo acceder a ela rapaces de 15 anos, que teñan superado o primeiro ciclo da ESO ou o 2º curso se repetiron un ano.

- Aceso desde a Formación Profesional Básica á Formación Profesional de Grao Medio, e dende esta á de Grao Superior. Avaliación por materias e bloques.

- Mellora dos resultados e aumento da empleabilidade.

- Elección de traxectorias en 3º e 4º da ESO.

- Promoción na ESO: con todo aprobado, 2 materias suspensas ou negociación.

- O Consello Escolar pasa a ser un órgano consultivo, as súas competencias pasan a man dos directores.

 

Despois de esta breve síntese dos apartados que me pareceron máis relevantes de este anteproxecto, pasarei a facer unha crítica da mesma. Persoalmente, toda ela me parece novidosa, con aspectos que comparto e outros cos que non estou tan de acordo. Todos sabemos que unha lei de tal embergadura sempre tratará de provocar unha mellora na calidade do noso sistema educativo, con respostas positivas e satisfactorias xa non so a nivel estatal, senón europeo.

É así que me vou a centrar básicamente en dous puntos que me parecen certamente impactantes. Un deles é este, o dos méritos académicos do Estado, é dicir, que se faga unha lei para supostamente mellorar a educación española e que haxa un trasfondo de selección dos máis aptos. Isto vai ligado á segunda cuentión que me chama á atención: probas en 3º e 6º de primaria. Que pasa con elas? Son probas de selección que deixarán atrás a aqueles alumnos menos "aptos" ou que necesitan máis apoio nas súas tarefas educativas. Pero non se queda atrás     a desvalorización do papel dos profesores neste aspecto. Como falamos hoxe na clase, é unha pérdida de autonomía para eles que en niveles tan baixos se pasen exames de caráctere externo para avaliar aos seus alumnos. E digo eu... non sería moito máis convinte unha avaliación contínua, que revisara o día a día dos alumnos, as súas tarefas, os seus exames periódicos... para que así se teñan en conta moitos máis factores dos que se avalían cunha proba desas características?

E con isto conclúo en que so é unha mera opinión persoal, pero penso que a calidade educativa vai máis alá da política do Estado. Por iso, debemos velar pola súa verdadeira aplicación, e non deseñar cada catro anos unha lei que supere as metas da anterior, porque so desta forma, acercarémonos cada vez máis á idea de retroceso e non á de progreso, que é a que de verdade importa.