PRACTICUM II

Por silvia

Nesta entrada no blog gustaríame animaros a que lle saquedes o máximo partiido as vosas prácticas. Eu realicei xa os dous Practicums que esixe a carreira, e aínda que un foi mellor co outro, considero a experiencia como unha valiosa oportunidade para continuar ca inmersión no traballo que se leva a cabo nun departamento de orientación. Puiden apreciar a importancia que exerce este ámbito de traballo no mundo educativo, no cal o perfil do psicopedagogo sería un elemento fundamental.

Considero que en ambos prácticos tiven moita sorte porque puiden entrar xa de cheo ca dinámica de traballo habitual do departamento. En dito traballo, cobran especial importancia a colaboración, a comunicación, a negociación e o consenso entre os diferentes profesionais. Na miña opinión estas son actitudes e habilidades moi positivas para conseguir logros efectivos. Paréceme primordial que exista comunicación entre os diferentes profesionais do centro, entre a dirección e o departamento de orientación, entre este e o profesorado, para que a labor educativa e de asesoramento sexa eficaz.

Podo dicir que estou satisfeita das experiencias que vivín nas prácticas, paréceme unha experiencia de ensinanza-aprendizaxe moi importante, quizáis a máis importante de todas as que se dan na carreira.

Eu tiven a sorte de disfrutar, de aprender, de coñecer a persoas implicadas na súa labor profesional, de ser consciente de cómo a teoría e a práctica unénse no ámbito da orientación... Por todo isto, deséxovos que teñades unhas boas e productivas prácticas.

Saúdos!