O TSXG anula o artigo do decreto do plurilingüismo que vetaba o ensino do galego en Infantil

Veño de atopar esta noticia no xornal e pareceume apropiado compartila convosco. Aqui vos deixo o enlace

http://praza.com/movementos-sociais/2788/o-tsxg-anula-o-artigo-do-decreto-do-plurilinguismo-que-vetaba-o-ensino-do-galego-en-infantil/

Dicir que estou moi dacordo coa decisión do TXG, xa que me parece importantísimo que desde a escola se fomente o uso do galego, sobre todos naquelas entornas onde é a lingua minoritaria. Se ben en educación infantil é moi importante respectar a lingua materna do alumnado tamén se debe ir introducindo tamén a outra lingua oficial, xa que na nosa comunidade, onde conviven dúas linguas, agardase que ao rematar a educación primaria o alumnado teña adquirido un dominio básico de ambas. Sen embargo é frecuente que isto non sexa así.

Na miña opinión o decreto do plurilingüismo supoxo un paso atrás na defensa na nosa lingua. E pareceme importantísimo fomentar o seu uso naqueles entornos nos que se atopa máis infravalorada, sobre todo nos ámbitos urbanos. Neste sentido, a escola ten un papel moi importante, sempre e cando a lexislación o faga posible.