LOMCE: REVÁLIDAS, EVALUACIONES EXTERNAS, ...ATENCIÓN A LA DIVERSIDAD??

image

Una de las principales novedades de la LOMCE es la vuelta a las reválidas y evaluaciones de carácter externo, realizadas por personas ajenas al centro. Pero, es que a caso una persona ajena a la realidad del aula es la más apropiada para evaluar a los alumnos? Es lógico que las pruebas sean iguales para todo el alumnado? Es compatible esto con el respecto por las características individuales y la atención a la diversidad?. Claramente, no!!

Comentarios

  • Enalia Álvarez Iglesias

    Raquel, eu penso que dende una perspectiva que se rexa pola diversidade e pluralidade da escola como institución para todos/as, a túa postura é a máis adecuada e a que todos nós compartimos. Pero o problema reside en que dende o propio sistema social no que estamos inmersos, se está a valorar a educación coma un aspecto coa mesma base productiva, que o sistema mercantil, porque a evolución do capitalismo así o demanda (ao igual que ensinamos aos nenos a consumir e ter necesidades absurdas dende bebés, tamén lles inculcamos a competitividade e a importancia de producir máis no menor tempo posible) E por desgracia, con eses valores cada vez máis aceptados pola sociedade (non sei asimilados do mesmo xeito que as necesidades absurdas) si que coincide esta nova perpectiva da educación, na que os resultados, a excelencia e a competitividade son factores elementais en detrimento de cooperación, o compañeirismo ou a bontade, que cada vez máis escasean nos centros educativos.

    A mín, dame moita lástima, ver como cada vez os nenos/as asisten a escola con máis tensión e nerviosismo (similar reacción as dos pais co seu posto de traballo), en lugar de sentir este espazo como algo lúdico, onde compartir intereses e intercambiar vivencias. 

  • Raquel Viña Molinos

    Totalmente de acordo, de feito non hai máis que botarlle un ollo ao primeiro parágrafo da LOMCE para ver que a palabra que aparece con máis forza é competitividade. Realmente, ligar educación con competitividade e economía, paréceme aberrante. A min tamén me da moita lástima ver como estamos a recuar en materia educativa, e como moitos dos avances que se conseguiron nos últimos anos en materia de atención a diversidade se esvaecerán coa nova lei de educación.