Gustaríame con esta nova entrada en “stellae” expresar a forma de ver o asesoramento no centro de discapacitados nos que estou realizando as miñas prácticas (unhas prácticas que son diferentes da dos meus compañeiros de carreira, estas son prácticas feitas a través do consello social e obtés por elas a cantidade de créditos correspondente ás horas que se realizan) por se algún compañeiro non ten a oportunidade de achegarse a un centro deste estilo.
A asociación AMICOS é unha Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante unha atención personalizada de calidade contrastada.
O seu obxectivo principal é dar unha atención individualizada e personalizada tendo en conta a idiosincrasia das persoas con discapacidade, así como as súas necesidades e inquietudes, favorecendo con elo o desenvolvemento emocional, psicolóxico e social.
Amicos nace a partires dun grupo de pais e nais que, sensibilizados polas trabas que sofren os seus fillos, queren poñerlle fin ás mesmas ofrecéndolles unha iniciativa que pretende suplir as carencias da zona.
Dende o primeiro momento a asociación AMICOS ten como obxectivos fundacionais a atención e rehabilitación das persoas con discapacidade intelectual das comarcas do Barbanza e Noia, e de maneira especial as persoas dependentes gravemente afectadas.
Con respecto ás persoas que representan maiores capacidades e que participan nos obradoiros, potenciase principalmente a adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a súa integración sociolaboral, non por iso, se esquecen as demais áreas esenciais para lograr unha mellora da autonomía, autoestima e integración social.
As actividades que se realizan ao longo do ano son, a grandes rasgos:
- Atención a persoas con discapacidade
- Formación
- Servizo de Rehabilitación
- Servizo de Transporte Adaptado
- Servizo de Emprego
- Servizo de Deporte e Ocio adaptado
- ÁREA DE ATENCIÓN E APOIO A FAMILIAS
Esta é a parte da explicación que máis importancia ten xa que é a que se refire a asesoramento por parte deste centro.
Principalmente dirixen o asesoramento aos alumnos e aos pais e teñen uns determinados servizos a todos eles:
Tamén podemos falar dun “asesoramento externo” co obxectivo de concienciar e motivar á poboación máis nova a introducirse no mundo da discapacidade, a coñecer as súas necesidades, inquedanzas, os seus problemas de integración, laborais, etc. Para isto creouse o proxecto “INTEGR@ESCOLA”, cas seguintes actividades:
A modo de conclusión teño que recoñecer o gran traballo que se realiza cos discapacitados e cas súas familias á hora de achegalos á sociedade e a que sexan capaces de realizar actividades da vida diaria e a unha formación que non poderían levar a cabo noutro centro que se especializara tanto coma este.
O que si que non puiden observar é un asesoramento por parte dos propios profesionais do centro. Parece como se non houbera un trato que conlevara a un achegamento, a unha orientación entre eles, máis ben parece como se houbera un individualismo e cada un se ocupara das súas cousas e non tivera que ver cos demais. É certo que todos se coñecen e todos coidan de todos os alumnos e que está presente o posto de psicopedagogo (aínda que a día de hoxe descoñezo quen é), mais parece que esa relación que poida haber nun centro entre profesores cas súas correspondentes reunións dirixidas a través dun orientador, non se cumpren. É por iso que me responsabilizo de investigar isto e averiguar se todo o que levamos traballando nesta asignatura me poida servir nestas prácticas e poida utilizar algo do aprendido.