A función asesora na actualidade.

Para comezar coa situación na que se atopa a función asesora na actualidade, pódese sinalar que o asesoramento presenta unha serie de problemas ós que se lle foi intentando dar solución para desta forma conseguir un asesoramento nos centros escolares moito máis produtivo e colaborativo, no que os membros do centro manteñan unha relación entre iguais co asesor/a. Deste xeito a innovación e os cambios a levar a cabo no centro para a mellora de este, serán máis elaborados ó existir unha coordinación e colaboración entre tódolos membros implicados en dito proceso.

Para comezar, cómpre preguntarse: é maior a calidade do asesoramento sobre a cantidade?, existe esa colaboración e coordinación entre os profesionais?, quén é o verdadeiro protagonista no proceso de asesoramento?.

Para tratar de dar resposta ás cuestións anteriores, plantexaránse os problemas que se poden presentar á hora de asesorar e as posibles solucións ós primeiros.

En primeiro lugar cómpre dicir que as formas de traballo nos centros escolares son primordialmente individualistas, onde o traballo en equipo é moi escaso ó igual que acontece cos espazos e os tempos nos que os profesionais realizan traballos colectivos. Isto xunto cunha visión errónea de que o asesor/a é a persoa que diagnostica e resolve as necesidades plantexadas, da lugar a unha serie de problemas relacionados con este ámbito. Entre eles atópanse os seguintes:

  • A diversificación profesional dos asesores/as: neste caso, hai que destacar o amplo abanico de tarefas que o asesor/a deberá desenvolver durante o proceso de asesoramento nos centros escolares, entre as cales nos atopamos co apoio ás familias, a formación permanente, a coordinación con outros servizos non educativos … Desta maneira, a gran variedade de tarefas a desenvolver necesita unha coordinación entre os servizos que participan no proceso de asesoramento, tratando non de especificar o que vai realizar cada un deles senón de coordinar todos os apoios para tratar de dar reposta ás necesidades dos profesores.

 

  • As competencias do asesor/a: na actualidade a competencia do asesor/a non debe ser vista como unha relación xerárquica de nivel superior á que exerce o profesorado, posto que o seu papel non é o de experto que ten a solución ós problemas, senón que se debe plantexar como unha colaboración entre iguais na que o asesor/a aporta, axuda e apoia ó profesorado intentando satisfacer as súas necesidades. Así, o asesor/a ten que mostrar respecto polo profesorado ó igual que pola institución educativa, para que o centro aprecie esta situación e a colaboración de todos dea lugar ó avance e mellora da situación educativa.

 

  • A credibilidade do asesor/a: esta cuestión fai referencia á visión que o profesorado pode ter dos asesores/as, aspecto moi importante para a relación entre ambos. Anteriormente, algúns profesores tiñan unha visión que fai mención ó asesor/a como un profesional que non quere tratar cos alumnos directamente, polo que a credibilidade para estes era case nula. Por este motivo, a colaboración e coordinación na solución de problemas vai dar lugar a un aumento da credibilidade por parte do asesor/a, xa que así isto provocará unha mellora nas relacións e interaccións entre o asesor/a e o profesorado. Para iso, o asesor/a deberá establecer procesos claros onde exista unha responsabilidade compartida e non de dependencia, provocando deste xeito unha situación de maior confianza onde predomina o traballo en equipo.

 

Deste xeito, é conveniente tratar de buscarlle solucións ós problemas expostos con anterioridade, e tal e como nos mostra P. Murillo (2004), algunhas das solucións corresponderíanse coas seguintes:

En primeiro lugar e  tal e como se expuxo con anterioridade, é necesaria a coordinación e complementariedade na actuación de diversos profesionais dentro da tarefa de asesoramento tratando de alcanzar un clima favorable de diálogo e colaboración para a consecución do cambio e mellora na educación.

Por outro lado, cómpre sinalar  a importancia dun asesoramento de tipo colaborativo, no que exista unha igualdade das relacións entre os diferentes profesionais que interveñen no proceso de asesoramento e que esixe a identificación de problemas, a selección e deseño de estratexias de solución dos mesmos, así como o seu desenvolvemento e avaliación, partindo da responsabilidade compartida dos distintos profesionais. (Parrilla, 1996).

En relación a isto, Thousand y Villa (1992), elaboran unha definición sobre os equipos de traballo colaborativo, é dicir, un grupo de persoas que están de acordo en:

-        Coordinar o seu traballo e adquirir ó menos un obxectivo común publicamente aceptado.

-        Adquirir un sistema de crenzas que todos os membros do grupo fan seus.

-        Valorar por igual as aportacións de cada membro do grupo.

-        Distribuír as funcións de liderazgo de forma que as súas tarefas e funcións de relación sexan distribuídas entre todos os membros.

-        Desenvolver un proceso de equipo colaborativo que implique interaccións “cara a cara”, interdependencia positiva, relación de destrezas interpersoais e avaliación individual.

 

Os elementos necesarios para que un equipo de traballo colaborativo sexa efectivo, son os seguintes:

-        Sentimento mutuo de interdependencia positiva.

-        Focalización no desenvolvemento de destrezas interpersoais de pequenos grupos en relación á comunicación, liderazgo, toma de decisións e resolución de conflitos.

-        Avaliación regular e discusión do funcionamento do equipo e plantexamento de obxectivos  para mellorar as relacións e realizar tarefas de forma máis efectiva.

-        Estudo de métodos para a adquisición de responsabilidades e compromisos que sexan acordados entre todos.

 

En relación a isto, destacar diversas propostas organizativas plantexadas en relación ó enfoque de asesoramento colaborativo:

-        Asesoramento interinstitucional: a institución educativa é obxecto e instrumento de colaboración, baseándose no traballo colaborativo entre distintas institucións.

-        Asesoramento entre profesores: baseado no apoio entre os profesores e a asistencia ós mesmos, que se centra na formación de grupos de apoio colaborativos dos profesores dun centro que colaboran cos seus compañeiros na análise de necesidades e na búsqueda de solucións ás mesmas. Neste caso é importante destacar que a colaboración de outros servizos de asesoramento, tanto internos como externos, non é incompatible.

-        Asesoramento interprofesional: consiste na colaboración de diversos profesionais procedentes de ámbitos formativos e/ou profesionais diversos que desenvolven a súa actividade nunha mesma zona ou área.

 

Trala análise das cuestións propostas con anterioridade, chégase á conclusión de que é necesaria a coordinación e colaboración dos diversos servizos de asesoramento, tanto internos como externos, para axudar ó profesorado nas súas tarefas e necesidades profesionais tratando así de mellorar o sistema educativo e levar a cabo os cambios pertinentes para que isto se produza, tendo sempre en conta o contexto no que se traballa, a autonomía, o clima, a cultura do centro... Por este motivo, o profesorado é o protagonista deste proceso co cal se trata de satisfacer as necesidades e intereses mantendo unha relación de igualdade, coordinación e colaboración.