Docentes como mediadores...

.

Na clase expositiva de onte ( 26-11-2012), poidemos tratar mais detidamente o tema dos docentes como mediadores entre o alumnado e o coñecemento que pretenden dar.

Hai unha páxina que quizais non é de gran interese no ámbito pedagóxico, pero si no docente, e a min ambos me atraen especialmente, na que diversos autores publican artigos dedicados normalmente á infancia. En este concreto, trataban precisamente este tema.

Nel recollíase que todo maestro que ten o rol de facilitador do proceso de aprendizaxe, debe comprender o papel que ten como mediador non só do desenvolvemento do neno, senón ademais do seu rol na inclusión do alumno á escola. Esto reflexa pois, unha proposta pedagóxico-didáctica que permita atender a toda a diversidade de alumnado.

O papel do profesor é o de un mediador incansable, de un investigador de mediacións pedagóxicas que posibiliten a aceptación, o recoñecemento e a atención á diversidade. Pero...tivo sempre o docente este rol?

Para que un profesor poida ser un mediador ( en coherencia coa experiencia de aprendizaxe mediado) debe ter 3 criterios :

  1. A intencionalidadeque deben levar implícitas as súas accións e en esa intencionalidade obviamente determínase a súa postura. Un mestre que crea que os seus alumnos deben desempeñarse de maneira parecida ou igual, nunca o poderá ser.
  2. A trascendenciacomprendida con ir moito mais alá da tarea, buscando a mensaxe de aceptación e recoñecemento que trascenda da aula-clase e sea un norte que oriente a vida do alumno/a.
  3. O significado. O mestre é movilizador de significados e esto precisamente é algo que se necesita hoxe en día, persoas que reflexionen e enchan de significado todas as súas accións, pois só o día que ésto se leve a cabo determinarase a diferencia do que é un valor, e é que canto mais diferentes sexamos un dos outros mais poderemos aprender dos demais, coñeceremos a pluralidade, aprenderemos a vivir en democracia.

Que vos parece? Estades de acordo?

http://www.cosasdelainfancia.com/biblioteca-articulo01.htm