Prácticum II

Durante mes e medio tiveron lugar as miñas prácticas na organización Aldeas Infantiles SOS de Galicia, ao igual que na materia "Prácticum I", que tivo lugar o curso pasado, polo que unha das actividades que desenvolvín foi a implementación do meu proxecto de intervención (deseñado durante a miña estancia anterior).

Á hora de concretar o tema sobre o que ía versar o meu proxecto tiven en conta diversos factores:

  • As características do propio centro.
  • As necesidades do usuarios do Programa de Acollemento Residencial.
  • Os meus propios intereses.
  • Partindo do punto anterior, o sector de idade para o que non se deseñara ningunha intervención no tema a tratar.

O tema escollido foi "habilidade sociais" (en xeral; e a empatía, a asertividade e a escoita activa, en particular) xa que me parecía interesante, e dende o centro pensaron que sería unha interesante contribución para eles.

A partir de aquí procedín ao deseño dun taller de habilidades sociais que tiña como lema "non máis do mesmo", polo  que as miñas pretensións eran desenvolver actividades de corte lúdico, que permitiran a interacción entre os nenos, posto que, na miña opinión era o único xeito de acadar os obxectivos establecidos, así como a única forma de conseguir que os cativos non se cansasen e que fose a súa vontade retornar ás seguintes sesión do taller.

Logo da implementación do mesmo considero que este foi todo un éxito, xa que:

  • Non se rexistraron baixas, no referente aos usuarios, pero, pola contra, si altas.
  • A asistencia foi do 100% en todas as sesións.
  • A participación foi moi alta.
  • Nas sesións, a miúdo, xurdían debates, iniciados pola propia curiosidade dos nenos.
  • A avaliación final que os menores fixeron, sobre o mesmo, tivo resultados moi positivos.

Desenvolvín outras moitas actividades durante a miña estancia. Unha paréceme, especialmente, interesante, debido á relación con esta materia.

Asistín a unha xornada de formación no tema "Abuso sexual infatil" dirixida aos profesionais dos diferentes emplazamentos de Aldeas Infantiles en España. Esta xornada non só me pareceu interesante pola formación recibida, senon tamén pola oportunidade que se me brindou de participar das opinións e experiencias, de profesionais consagrados no campo. Tamén foi moi interesante asistir a esta e observar, dende a perspectiva dun estudante, o proceso de formación de profesionais experimentados.

Esta experiencia foi moi interesante para miña formación, así como para saber cara onde me interesa continuar a miña formación. Considero que todo estudante debería poder contar cun período coma esta para chegar a coñecer as auténticas e reais implicacións dun determinado profesional nun campo concreto.