Asesoramento curricular a centro e profesores.

O propio nome da materia que estamos a cursar ten moito que dicir nunha das características do asesoramento en educación.Segundo o ppt de Jesús Domingo o centro educativo é a unidade de cambio impulsado polo asesoramento, mirando á aula; e os mestres son os axentes que poden proporcionar este cambio. O propio nome da materia menciona en primeiro lugar o centro e en segundo os mestres, como unha secuencia lóxica de actuación do asesoramento curricular. A colaboración de todo o persoal do centro é esencial para entender o compoñente de cambio do asesoramento, o diálogo entre profesionais de estatus semellantes e o coñecemento intenso do centro educativo por parte do asesor son, dende o meu punto de vista, compoñentes esenciais para lograr a mellora educativa nos nosos centros e por tanto a calidade na educación que tanto persiguen os documentos teóricos neste campo.

Para completar esta afirmación susténtome nunha serie de factores que propoñen  Carter e Powell (1992) para lograr un asesoramento eficaz nos centro educativos:

a) Tempo e doado acceso, se queren producir impacto nos profesores no seu conxunto. Necesitan participar día a día en actividades de apoio aos profesores, nas reunións de grupo cos profesores, na planificación e experimentación de plans e actividades docentes.

b) Credibilidade, que determina a posición do asesor e a súa habilidade para producir impacto nos seus colegas. A autoridade desta posición non é automaticamente indicadora do éxito. Os profesores necesitan sentirse valorados e comprendidos na súa actividade e á vez eles valoran e comprenden o práctico que lles axuda a sentirse ben na actividade diaria da clase.

c) Descrición clara do rol que exerce cos profesores define o foco do seu apoio, e por iso saben o que esperan e o que poden esperar del/ela. Unha clara descrición do seu traballo proporciónalles un esquema do que poden esperar del e non alimentar esperanzas falsas de que lles faga o seu traballo.

d) Apoio administrativo e adestramento. É importante que o adestramento por parte do asesor modele o que esperan del; inclúe información e experiencia no curriculum que vai ser implantado, información tamén dos procesos de cambio, e técnicas de desenvolvemento profesional.

e) Apoio do director, que é unha figura clave nos procesos de innovación.

f) Ambiente colaborador. Pode ser de grande utilidade o papel do asesor como vehículo para a creación dun ambiente colaborador e quizais poida ser a súa mellor contribución: valorar e promover no profesorado tal cultura.

 Este texto está recollido no libro: Asesoramiento Curricular y organizativo en Educación de Marcelo, C. e López Yáñez, J. (1197).