• Blogs
  • Silvia
  • Formación permanente profesorado universitario.

Formación permanente profesorado universitario.

¿ En qué medida a política universitaria dá resposta á necesidade da formación permanente do profesorado universitario?

Con esta pregunta..comezamos a nosa investigación sobre este ámbito.

Para empezar, non podemos olvidar que a formación do profesorado supón por unha banda considerar os factores básicos da incidencia na eficacia docente, e por outra a súa presencia nas vías a través das cales se leva a cabo esa formación formación permanente do profesorado. No primeiro factor, a eficacia docente é o producto de múltiples factores como son os persoais e os circunstanciais.

Revisando os plans de estudos das diversas especialidades de proxección docente universitaria, e para as que forma a propia Universidade, encontrámosnos que eses plans si forman para o primeiro ámbito, pero olvídanse do segundo.

Jose Antonio Ibañez Marín ( Catedrático de Filosofía de la Educación de la Universidad Complutense), analizou a competencia profesional do profesorado universitario, e chegou a distinguir catro tipo de profesores :

1º) Donde se encontran aqueles que están comezando a súa carreira docente. Imparten materias relacionadas coa tese que realizaron.

2º) Aquí atópanse os que conseguiron un coñecemento razonable do conxunto da súa materia.

3º) Formado polos que manifestan un completo dominio da súa materia, posto que coñecen rigurosa e profundamente cada aspecto.

4º) En último lugar atópanse aqueles que ademais de todo o anterior, ademais forman parte do foro científico mundial, tanto polas activas reunións internacionais da súa especialidade como pola publicación de traballos científicos que constitúen unha colaboración no avance do saber.

.

http://www.aufop.com/aufop/uploaded_files/articulos/1224326368.pdf