Comunidades de aprendizaxe

“Comunidades de aprendizaxe: unha alternativa educativa contra o fracaso e a exclusión escolar”


imageNunha sesión de clase xurdiu o concepto de “comunidade de aprendizaxe” así que adicarei esta entrada a falar de dito concepto.

O concepto de comunidade de aprendizaxe pode ser definido como un grupo de persoas que aprende en común, empregando ferramentas comúns nun mismo entorno. O seu obxetivo é o cambio na práctica educativa para conseguir a utopía daquela escola ou da educación que todo o mundo queira ter e, sobre todo, facer realidade o soño de que ningún neno/a quede marxinado/a ou etiquetado/a pola procedencia da súa clase social, etnia, estatus económico, xénero…

A partir deste “soño”, plantéxase un verdadeiro éxito académico do alumnado cunha educación de calidade gracias a un profesorado máis autónomo para innovar, experimentar e aprender nas aulas e onde as familias e a comunidade en xeral sexan partícipes activos da educación integral dos seus fillos/as.

As comunidades de aprendizaxe poden ser consideradas como unha aposta pola igualdade educativa no marco da sociedade da información para combater as situacións de desigualdade de moitas persoas en risco de exclusión social. O plantexamento pedagóxico eixe dunha comunidade de aprendizaxe é a posibilidade de favorecer o cambio social e disminuír as desigualdades. O aprendizaxe enténdese como dialóxico e tranformador da escola e o seu enterno.

Os valores de cooperación e solidariedade que se fomentan en todos os momentos da transformación dunha comunidade de aprendizaxe facilitan que todas as persoas teñan posibilidades de conseguir os aprendizajes requeridos na actual sociedade. É especialmente importante recalcar que as altas expectativas son un elemento imprescindible para que esta transformación sexa unha realidade. Sen altas expectativas no alumnado, as familias e o profesorado…a transformación non é posible.

Toda comunidade de aprendizaxe parte duns principios pedagógicos compartidos polo profesorado, as familias, o alumnado… entre os cales podemos mencionar:

-          A creación dunha organización e un ambiente de aprendizaxe: búscanse formas alternativas na organización escolar tradicional para abrir máis posibilidades de aprendizaxe.

-          Os procesos de ensinanza-aprendizaxe son o centro da institución escolar: o centro educativo convértese no centro de aprendizaxe de toda a comunidade, máis alá das suas tarefas escolares.

-          A ensinanza ten propósitos; planifícanse para o colectivo e establécense finalidades claras, expresadas e compartidas pola comunidade.

-          O fomento de altas expectativas: todos os colectivos implicados parten de altas expectativas e tamén as fomentan no resto.

-          O desenrolo da autoestima: o traballo riguroso e o apoio e recoñecemento deste xera maior autoestima.

-          A participación do alumnado, da familia e da comunidade: cando se da voz de forma igualitaria a todas as persoas aumenta a participación.

-          O liderazgo escolar é compartido: xéranse comisións de traballo para coordinar todo o proceso cunha gran delegación de responsabilidades.

-          A educación entre iguais: incídese na igualdade de dereitos de todas/os para acceder a todos os procesos formativos.

 

Polo que respecta á metodoloxía, quedámonos co modelo de Paolo Freire, que suxire abandonar o concepto tradicional da educación “bancaria” (o profesor emite coñecementos e o alumno acumúlaos e almacénaos para logo volcalos nun exame). Freire propón unha pedagoxía na que os alumnos se convirten en participantes activos nunha comunidade de aprendizaxe que existe dentro dun contexto social, e asumen a responsabilidade do seu propio aprendizaxe.

As comunidades de aprendizaxe parten dunha base: todos os nenos/as teñen dereito a unha educación que non os condene dende a súa infancia a non completar o bacharelato ou non acceder a un posto de traballo.

Unha comunidade de aprendizaxe é un proxecto de transformación social e cultural dun centro educativo e do seu entorno para conseguir unha Sociedade da Información para todas as persoas, basada no aprendizaxe dialóxico, mediante unha educación participativa da comunidade, que se concreta en todos os seus espacios (Valls: 2000)

As comunidades de aprendizaxe non queren adaptarse á diversidade (é dicir, á desigualdade) senón tranformar a escola e o seu contexto social cara a utopía de convertila nun proxecto educativo igualitario. O obxetivo da igualdade toma a súa esencia no plantexamento da sociedade da información, para que todas as persoas que intenten conseguir que os seus fillos/as teñan a posibilidade de seguir uns itinerarios educativos exitosos, vexan que é posible independentemente da clase social, minoría étnica ou condición socio-cultural da que proveñan.

Resulta indudable que o aprendizaxe do alumnado depende cada vez máis do conxunto das súas interaccións e non só das que se producen na aula. Tamén está claro que a coordinación dos diferentes axentes de aprendizaxe aumenta moito o rendemento do escolar e fortalece as redes de solidariedade e os obxetivos igualitarios.

A veces ocorre que se agrupan nun mesmo espacio a nenos e nenas en diferentes grupos según os ritmos de aprendizaxe ou ós diferentes (lentos, conflitivos) sácanse da aula “regular” a outras aulas con adaptacións imagecurriculares, é dicir, dun nivel que nin o profesorado que o propón e aplica quere para os seus propios fillos/as.

Os grupos interactivos son o enfoque contrario. En lugar de dicir que como non se pode tratar con todos os nenos e nenas na aula, se saquen a estes, o profesorado pide axuda para que entren máis persoas na aula.

Os grupos interactivos son  unha forma flexible de organizar o traballo educativo na aula. A finalidade destes é intensificar o aprendizaxe mediante interaccións que se establecen entre todos os participantes (nenos/as, profesorado, voluntariado…) Con esta metodoloxía consíguese favorecer a interacción entre iguais e activar o traballo en equipo, xa que se trata de chegar a un obxetivo común a partir das aportacións de cada un dos membros do grupo.

O principio básico deste procedemento é ampliar o intercambio de coñecementos mediante unha trama de interaccións entre o alumnado e entre o alumnado e as persoas adultas que estén na aula. Este intercambio de coñecementos non segue un formato ou secuencia preestablecida, senón que o establece o propio alumnado a partir da súa propia experiencia. A maioría das veces, as explicacións que ofrecen os nenos/as que acaba de efectuar un aprendizaxe determinado son moito máis ilustrativas que as que pode realizar o mesmo profesorado. ¿A quen nn lle quedaron algunha vez as cousas máis claras cando llas explica un compañeiro, con palabras informais, que un profesor? O alumando adoita empregar unha linguaxe máis próxima e ten a experiencia de aprendizaxe moito máis recente, co cal, adoita explicar ós seus compañeiros/as moito mellor os ejercicios.

 

Aqui vos deixo un vídeo no que se contrapón a escola tradicional coa moderna. Espero que vos guste ;)